De mudanza

Aproveitamos os días de lecer para facer unha pequena mudanza producto dun experimento… abandonamos blogsome (grazas) e mudamos cara un wordpress instalado nun servidor de balde. A porta de entrada segue a ser a mesma… pero se tes agunha interese en seguir os pasos ata dentro… coido que deberás actualiza-la tua semente.

Alehop

Posted: July 5, 2011 Comments (0)

O mellor das viaxes…

Ben o sabedes… o mellor das viaxes son as compañías. Fan que algo tedioso poida convertirse n’algo incríbel. Eu levo uns cantos meses nunha singradura na que o mellor son as compañías de viaxe.

Un deles, a quen coñecín fai uns catro anos no enblogs, é un dos mestres estrela no noso master en propiedade intelectual… e hoxe danos unha nova lección de balde no xornal de referencia: “Los tiempo de oscuridad...”

Pero nontronte era un dos responsables das nosas actividades “extraescolares” quen publicaba un terrible e xenial “La Cena del miedo“.

/orgullo de país/

Posted: January 15, 2011 Comments (0)

Post SIMO

Vimos de rematar a miña primeira experiencia no mundo das feiras, cando menos no que toca á organización. Logo de parar un ano para tentar replantearse, e de darlle unha oportunidade ao IE, nós collemos a parte dos contidos de SIMO, nun espazo que nomeamos como “Open Green”. Unha aposta arriscada, nunha feira claramente en declive… pero as causas perdidas son as que merecen a pena ¿non sí?

Estes días deron para moito, eiquí van algunhas das aprendizaxes ou reflexións:

  • ¿Unha feira tecnolóxica sen wifi aberta? Isto xa di moito. Supostamente unha das vontades deste tipo de eventos é xerar buzz sobre os productos e servizos que alí se amosen… twitter, blogs, etc… pero ¿Cómo facelo se a organización non pon unha boa rede wifi de balde? No noso caso, e ante a imposibilidade de montar a nosa rede propia, deixamos cabos con conexión a Internet, pero obviamente só para os que ían cun portatil, que era a minoría.
  • Da tecnoloxía aos contidos. Gústame o trasvase que se está a producir dende SIMO a FICOD. Pódese ler isto de moitos xeitos, como o político, pero gústame miralo como “apropiación social da tecnoloxía”. No intre actual semella que o valor da tecnoloxía non é tanto como o dos contidos. De ahí a importancia das loitas na capa superior (a dos contidos) e de leis como a famosa lei Sinde.
  • Da feira das marcas á feira das persoas . Aínda quedan marcas que pensan que teñen que facer stands para amosarse aos seus consumidores… dende unha perspectiva xerárquica… e así lles vai.

Coido que o noso espazo tivo relativo éxito. En concreto porque non fixemos un stand: construimos un espazo que puido ser usado, adaptado e apropiado por múltiples usuarios. Descubrimos a importancia da ubicación central do bar (só cerveza, só de balde), da importancia de combinar o máis “institucional” co máis flexible e incipiente e, sobre todo, a importancia e o valor de ceder o protagonismo e os contidos a quen ten un discurso relevante.

Bye, bye, SIMO 2010.

Posted: October 11, 2010 Comments (0)

Cultura dixital e vida cotiá

Como agasallo previo ás vacacións de verán chega, quente do prelo dixital, un número especial de Razón y Palabra, coordinado por Tiscar e Edgar, no que publicamos un artigo. O artigo tenta albiscar algunhas das innovacións que naquel entón estaban sobre quenes facemos investigación aplicada, pero moito mudaron as cousas nestes meses… e a publicación do artigo non deixa de ser unha provocación para facer unha revisión. Pode ser unha lectura de interese ;) , non tanto polo meu artigo como polos ilustres compañeiros de viaxe…

Posted: August 6, 2010 Comments (1)

culturetas

Dense por aludidos :P


Posted: August 4, 2010 Comments (1)

Os códigos BiDi


Os amigos de La Malla Tendencies, un programa de TV que debes coñecer e que gustaría se fixese tamén no país, roubáronme unhas declaracións sobre os Códigos Bidi… e aproveito a excusa que me da o vídeo para contarvos un novo xeito de control laboral empregando esta ferramenta.

Días atrás, na miña mudanza (que non só os Yañez&Yañez se mudan) batín co servizo técnico do elevador. Un home duns 50 anos polo que pasei media ducia de veces paseando libros, roupa, trastos varios… mentres el me miraba subir e baixar do ascensor. Á sexta vez xa non aguantei máis e pregunteille que raio facía, porqué non marchaba a celebrar que o elevador funcionaba perfectamente… e respostoume que estaba agardando a que fosen as 14.00hs, para poder machar para casa. Mirou para o reloxio, sacou un lector de códigos de barras do peto, apuntou a unha esquina do interior do ascensor onde había un código BiDi e explicoume que nese intre, acababa de fichar o “peche” da incidencia á “central”, que facturaría así a hora completa e que podía marchar a comer tranquilo.

Nunca se me ocorrería (como aos amigos de Tissen - escrebo mal a propósito) empregar un código Bidi como ferramenta para vencellar unha persoa a un espazo concreto. Por se non chegaban co sector transportes dominado polo seguemento por gps… cada vez teño máis ganas de voltarme un luddita. É comezarei por este blog :P

Posted: August 2, 2010 Comments (0)

Comarketing: EOI e Smart

O Co-marketing é unha excelente estratexia en tempos de crise. Podemos vestilo das teorías que máis nos gusten, podemos embutilo en estratexias ou forraxes semánticas, pero o fundamental é a optimización de recursos.

Máis o Co-Marketing é algo delicado. A asociación de dúas marcas implica conectar dous universos simbólicos, valores, esencia… algo moi delicado. Algunhas experiencias amosan o ben que pode sair, pero tamén hai moitas experiencias do contrario.

Fai uns días na EOI experimentamos algo similar ao “comarketing”. Smart, marca de Mercedes, plantou unha granxa de Smarts nas nosas instalacións en Gregorio del Amo. Mentres nos xogábamos co claim “Be Smart, Be Green”, eles carretaban alumnos universitarios á nosa sé. Deste xeito acadábamos un dos nosos obxectivos: estar presentes no día a día, no máis cotiá dos mozos, dos nosos potenciais futuros alumnos. Neste caso o “beneficio” é funcional, pero queremos ir máis aló.

Esta acción só é posible entre marcas que comparten valores. E EOI comparte con Smart valores como o “urbán”, xuventude dentro dunha tradición, eficiencia, paixón pola diferenciación, rendemento a un custe óptimo, deseño industrial… non “efímero”.

Como primeira achega, non está mal ¿non sí?

Imaxe do flickr de EOI.

Posted: May 23, 2010 Comments (0)

Revista REDES

Comeza unha nova etapa para REDES que da un curioso salto dende o audiovisual cara o papel. Esta fin de semá saiu á rua a revista “REDES para la Ciencia“, do equipo de Punset, que continúa a traballar pola divulgación científica. As temáticas do primeiro número teñen moitos lugares comúns cos do programa de televisión e, nun dos artículos, teñen a ben citar algunhas conversas mantidas no mes de Decembro.

Trátase do artigo “Redes Sociales para ser felices“, onde moitos amigos saen dando a súa opinión.

Parabems polo proxecto e moita sorte para o proxecto, tanto en papel como na televisión!!!

Posted: March 21, 2010 Comments (0)

EOI Plan 2020

Outro mundo é posíble, unha idea explícita no Plan Estratéxico que a EOI - Escola de Organización Industrial se marca de cara ao 2020 e que o pasado xoves fixemos pública. A semán pasada foi unha semán de postas en largo:

Presentamos o noso plan estratéxico. Un reto para os próximos 12 anos, pero que implica a consecución de metas a curto e medio prazo. O vídeo que ilustra esta entrada seguro que te axuda a entender os retos e as estratexias que estamos a seguir para acadalos. E botar un ollo á prensa de hoxe supón recoñecer a actualidade e necesidade do noso posicionamento:

-El desafío de la innovación abierta, columna de José María Zabala Martínez
-El Coche eléctrico
-Porqué tememos a la sostenibilidad? Artículo de JOSU JON IMAZ

Pero tamén lanzamos a nosa nova identidade corporativa, unha evolución enmarcada dentro do profundo cambio que supón o Plan Estratéxico. O cambio implica:

  • Recuperar o “Escola de Organización Industrial” en troques do “Escola de Negocio”. O primeiro termo descrebe moito mellor a nosa realidade e alonxanos do que non queremos ser.
  • Tomar o verde como cor corporativa. Un verde intenso que tan só marcas como “La Casa Encendida” ou Everis atreven a empregar. Un verde Sostíbel, Esperanza, Natureza, fresco…
  • Mudar a nosa tipografía por unha bauhaus.

Para ambos conceptos realizamos unha serie de audiovisuais que axudan a presentar, dende unha perspectiva institucional e persoal, o que queremos facer. Como non podería ser doutro xeito, os nosos alumnos son o mellor xeito de mirar o mundo, de mirar os retos que nos plantexamos e que traballamos por acadar:

Veremonos antes de 2020!! Sobre todo que estás por botarnos unha man!

Posted: December 20, 2009 Comments (0)

Ideas da década

Vía “Show me the MKT” chego ás ideas da década en MKT. Segundo a prestixiosa leída “Advertising”, estas ideas son:

  • Consumer Control (i.e., consumers having control)
  • Brand Journalism
  • Branded Utility
  • Crowdsourcing
  • Marketer as Media
  • Earned Media
  • Long Tail
  • Tipping Point
  • Madison & Vine
  • Lovemarks

Nesta lista a mín faltanme algunas ideas importantes. Algúns conceptos que dun xeito están presentes no día a día dos departamentos de innovación ou nos de mkt e publicidade. Estas ideas son:

As teses do Manifesto Cluetrain, que para moitos de nos están xa completamente asumidas, pero seguen sendo unha (triste recoñecelo) novidade en moitas empresas. E isto vai moito máis aló das primeiras teses…

O Storytelling, como ferramenta para construir un discurso emocional que chegue ao consumidor, que conecte con él.

A experiencia de marca, xa non buscamos productos, senón que consumimos historias e experiencias. Apple e Nespresso souberon ler moi ben as demandas.

O auxe do Amateur, onde a película “Rebobine, por favor” é o noso mellor exemplo.

Seguro que me deixo algunha máis… e estou certo que sairán nos blogs algúnhas máis estes días.

Posted: December 17, 2009 Comments (0)

Moving… once again

Logo de sentir de cerca un proceso de cambio, logo de coñecer o seu xerme e de mirar como se sentan as bases… convídanme a dar un paso máis e, como non podería ser de outro modo, acepto.

Deixo aparcada a Investigación de Mercados, coa dúbida de saber se serei capaz de vivir lonxe do traballo de campo, da xente. Pero cando menos deixo este sector coa certeza de que estiven no mellor momento na axencia que está a facer as cousas máis interesantes, cos clientes máis apecetibles e coas metodoloxías máis suxerentes. De certo que se volvo á investigación voltarei a Quid.

Dende fai unhas tres semás incorporeime á EOI - Escola de Organización Industrial como Dir de MKT. Quizáis ti tamén penses o mesmo que escoitei de bós amigos ao comentar a miña intención: “Tí tamén?”. Pois sí, eu tamén. Únome a Tiscar, a Joaquín, a Juan, a Alberto, Carlos e un longo etcétera. Persoas con inquietudes e enerxías para dar un xiro a unha institución educativa, un xiro que recolla as principais tendencias actuais (sostenibilidade, economía aberta, dixital e social).

Nun futuro inmediato serán públicas as directrices que están a marcar o traballo, o día a día da EOI. Hey boy, hey girls… here we go!

Posted: December 13, 2009 Comments (0)

Algo máis que agasallos de viaxe

Nos últimos tempos mudou moitísimo a nosa concepción do espazo. Seguro que lembrades á vosa (ou á miña) avoa falando de Terranova como quén fala “d’ehí ó lado”. Na miña casa había un aparato para falar con Angola, Sudáfrica, Namibia… moito antes dos teléfonos por satélite. Tivemos conexións con medio mundo e, en parte, fumos quén de construír socialmente unha peculiar configuración do globo á galega.

Agora, os rapaces e os non tan rapaces consiguen facer un mundo á súa medida. Na aldea e na Cidade falar de Londres, Dubín, as illas ou mesmo Berlín, é como antes se falaba de Vigo, Barcelona ou Madrid: ciudades ás que os máis novos escapan para ter un futuro. Pero non só mudou isto, tamén mudaron as rutas e os conceptos de turismo. Nova Iorque é un destino recurrente, ao que se vai varias veces na vida, por poñer un ejemplo cómodo.

Mudou tamén a nosa concepción da viaxe, que xa non implica unha ruptura co presente, co territorio. No intre actual, a viaxe é un presente contínuo, no que a conexión co lugar de pertenza é inmediata e directa… e, sobre todo, o acceso ás persoas de referencia.

Fai varios meses Manolo marchou a París e estivonos amosando sobre un mapa o seu xeoposicionamento. Podíamos acceder en tempo real á posición… e mirar a súa evolución nun ruello da Cidade. A min cadroume mirar mentres paseaban pola beira do Sena, pola marxe dereita. En certo sentido eu estiven facendo ese mesmo percorrido ao tempo.

Sobre estes aspectos falamos nunha fermosa reportaxe do imprescindibel programa “La Malla Tendencies“, un exemplo de calidade nos contidos e no tratamento audiovisual que non podedes deixar de mirar!!!


Posted: October 1, 2009 Comments (0)

La blogosfera hispana

Antes de nada: Soy fan de Enter. Más en concreto de sus Newsletters. Creo que son un ejemplo excelente de diseño, contenido y coherencia… y por lo que hablo con la gente del sector, esta es una opinión compartida. Han logrado hacerse un hueco en los Martes de la gente del sector TIC (en su sentido más amplio) y para muchos actúa como referente de las novedades relativas a informes, ideas y tendencias. Quizás por esto, porque soy fan de este proyecto, me incomoda tanto esta situación: vamos a ello.

La semana pasada Enter publicó una de sus notas semanales dedicadas a “Identificando particularidades de la blogosfera hispana”. Este es uno de los temas que me gustan y sobre los que hemos escrito algunas cosas (junto con Gemma Ferreras, junto a Tiscar Lara o junto a mí mismo) y me fui a abrir la nota con toda mi ilusión. Lamentablemente me encontré con un texto dificil de calificar, sobre el que hay varios errores y una manifiesta mala práctica que no me puedo contener a contar:

#La nota se construye sobre los datos de la III Encuesta a Bloggers, cuyo trabajo de campo hicimos (hice) en 2006 con la ayuda de Netquet y que analizamos, con Tiscar, para publicarlo en un número especial de la revista FELAFACS. Ningún problema sobre esto, los datos están para ser usados, viva CreativeCommons y una de sus licencias más permisivas… “by”… pero es que por no haber no hay ni “by” (mención a los autores).

# No se cita a los autores correctos de ese análisis que, tal y como aparece bien referenciado en el artículo de FELAFACS, son Tiscar Lara y Fernando Garrido. La única mención a una autoría son a Gemma Ferreras (que no tuvo nada que ver con esta edición de esta encuesta) y al Observatorio para la Cibersociedad (entidad que, por ahora, no escribe por sí misma informes de ningún tipo).

# No se cita el origen de los datos y de los argumentos empleados en el documento. No existe ningún enlace al artículo original, cuando sí se citan y mencionan correctamente los argumentos de otros compañeros como Piscitelli. (Sí, es cierto, ni Tiscar ni yo somos aún Piscitelli…)

# No se cita en ningún momento la ficha técnica de la encuesta: ni cómo se hizo, ni cuando fue el trabajo de campo, ni donde están los datos, ni el tamaño muestral…

# En los gráficos, no se siguen las “buenas prácticas”: citar la fuente, el tamaño muestral y la fecha de realización del trabajo de campo.

# En especial me preocupa que se obvie la “fecha de trabajo de campo”. Estos datos fueron recogidos entre Marzo y Abril de 2006, hace más de tres años. No quiero ser mal pensado, pero quizás se obvia este dato con premeditación y alevosía: ¿Tiene sentido publicar hoy en día una nota sobre el perfil del blogger hispano con datos de 2006? Yo, al menos, no lo haría.

# Otro tipo de datos están completamente desactualizados, como cifrar el número de blogs en la actualidad en 120 millones. En concreto “En la actualidad existen 120 millones de blogs y se crean 120 mil nuevos cada día. Según el fundador del buscador de blogs Technorati, David Sifry, entre octubre de 2006 y abril de 2007 la tasa de multiplicación de blogs se duplicó y, con ello, el tamaño de la blogosfera.” Nothing to say.

# Un ejercicio interesante es coger ambos artículos y realizar una lectura paralela: y que cada uno juzgue por sí mismo.

En fin. Sorpresas te da la vida. No obstante: apuntate al Newsletter de Enter… y me darás la razón de su calidad… en la que deslices como este son hechos puntuales.

Disclaimer: En 2005 y 2006 trabajé en Enter, lo que hace que esto me sorprenda aún más.
Fotografía de NIF en Flickr.

Posted: September 17, 2009 Comments (1)

De porco en Sanmartiño

Ven de saír á rua o novo número de ProteXta que, de verdade, paga a pena. A miña contribución xira en torno a un libro que Chaves lle fixo unha publicidade manifesta, comprándoo na súa visita “sorpresa” a unha librería de Madrid. E ten razón, paga a pena lelo.

El Capitalismo Funeral. La crisis o la Tercera Guerra Mundial.
Vicente Verdú
Editorial Anagrama, 2009
194 páxinas.

Custounos enunciala, como se puidesemos anticipar que viría para quedarse e que logo teríamos que facer un importante esforzo por non mencionala. A Crise, con “C” maiúscula, é algo que actualmente non é suxerente para ninguén por varios motivos. Dunha man, normalmente non é moi agradable ler sobre miserias e calamidades, e esta situación ten moito de ambas cousas. Pero tamén estamos a sair dun momento no que os medios de comunicación saturaron este tema con novas (as máis, sensacionalistas). O valor, o atractivo primeiro desta obra está precisamente en supor unha reflexión sosegada e detida sobre a Crise, tomando algo de distancia e contextualizándoa no marco dos grandes cambios e movementos macrosociais. Así, se buscas datos e macroindicadores que te axuden a obter unha radiografía desta situación, este non é o teu libro. Porén, se buscas comprender este fenómeno cunha aproximación de corte sociolóxico ou antropolóxico, moito máis centrada nos grandes fenómenos e na análise sociohistórica, non o dubides.

A hipótese de Verdú é que estamos ante moito máis que unha simple recesión, como a de 1993. Estamos ante unha situación equiparable a unha Guerra Mundial, tanto polo global do seu impacto como polas implicacións a nivel económico e social. Os grandes analistas xeopolíticos, obcecados no poder militar, non se decataron que o xerme estaba “dentro” e bastante afastado do poder nuclear. E así chegamos á consecuencia inevitable: cadaleitos cheos de seres humáns incapaces de proxectar un porvír ou unha esperanza e, da man, un modelo que carece de alteridade. Non fumos quenes de imaxinar outro mundo posible e, agora mesmo, ninguén ten folgos para construir, crer ou confiar nel.

En todo este entramado, o máis importante é o menos tanxíbel: esta crise non é só económica / material, estamos ante unha quebra importante nos valores que sustentan a nosa sociedade. Deixámonos levar, máis ou menos conscientemente, por un modelo social centrado no hiper-consumo e somos cómplices activos na creación dunha economía especulativa e dunha burbulla que estourou cunha forza (simbólica) tan só comparable a unha bomba atómica. É unha crise endóxena, na que somos causa e efecto.

O libro de Verdú é un work in progress, unha obra inacabada en tanto que inacabado está o seu obxecto de estudo. E todo apunta a que estamos lonxe dun final Hollywood onde un superhome salve á humanidade. Tamén é certo que os novos problemas requiren novas solución e que en toda crise hai unha oportunidade: seremos quén de albiscala? Seremos quén de conquistala?

Posted: September 15, 2009 Comments (0)

fermosa metáfora sobre os e-book

Ai as metáforas…. ai as metáforas e a sua importancia. Vía Adaptive Path

Posted: September 14, 2009 Comments (1)