Contos de estrelas e limons

April 20, 2005

unhas horas con lorenzo

Filed under: d'aquí pr'ala, Análise - estrelaselimons @ 10:52 pm

Sinceiramente, a miña principal motivación para asistir foi escoitar a Lessig, e dende logo foi a miña baza no choio para que me deixaran asistir á conferencia, aínda que visto o cartel mandáronme a todo, así da gusto. Pero voltamos a Lessig: Abraiante. É moi serio, moi tímido, un compañeiro fixolle unha entrevista que leeremos pronto ($) e digamos que na distancia corta é aínda máis tímido. Pero o seu show foi dos máis brillantes que mirei nos últimos anos. Foi moi moi axil, sen rodeos, de xeito paseniño foi introducindonos no mundo da propiedade intelectual para, pouco a pouco, ir lanzando titulares que darían para encher un WIRED, e rematar explicando solucións como a de Creative Commos. Si, eu tamén me fago a mesma pregunta: ¿QUe facía este home nun evento de marketing? e a asistencia (a sala cuasi libre) confirmou o desconcerto…

Das follas garabateadas que me trouxen (sintoo, esquecín a cámara), rescato unha das ideas principáis. Estamos nun novo contexto no que a tecnoloxía permítenos xeitos de acceder á cultura impensabeis fai uns anos, e o acceso a esa cultura non é pasivo, senón que os rapaces teñen un novo xeito de achegarse á cultura, unha aproximación activa que remata nunha cultura do remix. Do mesmo xeito que as xeracións do século XX podían recrearse na escritura, no século XXI existe algo máis aló da escritura: o multimedia, a combinación de música, video e texto, algo para o cal non se precisa un equipamento moi diferente o que todos temos no contexto occidental (eufemismo meu para non dicer: os paises ricos). Agora bem, existe un conflicto entre a lei e as novas tecnoloxías e o uso que a sociedade fai delas, o mesmo concepto de Propiedade Intelectual ataca á creatividade que neste caso permite a tecnoloxía. Perante este conflicto existen dúas posibilidades: reformar a lei ou reformar a tecnoloxía. O exemplo é maís que obvio, ante o uso “non lícito” de, por exemplo, CDs de música, en lugar de reformar a lexislación sobre esta materia, o que se fai e modifica-la tecnoloxía para impedir que os lectores dos PCs reproduzan o son dese CD. Neste conflicto, a posibilidade máis sinxela e ou modifica-la tecnoloxía para impedir usos “non debidos”, pero están os Hackers que quebrarán tarde ou cedo estas limitacións, ou se pode modifica-la lei. A modificación da lei, construída sobre uns conceptos pouco válidos para este contexto, normalmente remata na criminalización do usuario, na destrucción da creatividade, e na loita contra unha cultura xa en marcha que pon á creatividade e ao remix como bandeira.

Ollo, esta é unha das moitas interpretacións que eu fixen deste bó home… pero xa sabedes logo de comer un interpreta moi mal e o meu inglés está un pouco oxidado… mágoa non ter grabada a ponencia…

e mañá máis! (¡¡¡hai que ver a este home xa!!!)

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2005/04/20/unhas-horas-con-lorenzo/trackback/

  1. …graciñas pola crónica!!! …e por facernos reflexionar…

    Comment by dorfun — April 21, 2005 @ 3:26 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here