Contos de estrelas e limons

June 1, 2005

desconcerto

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:12 am

Non pode ser. Négome a aceptalo. Facía moitos anos xa, pero tamén hai moita basura polo medio. ¿Podese pasar da mediocridade á excelencia en tan pouco?… pero, deixame ordenarme, deixame contalo bem. Primeiro escoitei “rumores”, atopei ao meu irmán falando cun tipo que toca a guitarra e falaban diso… ambos saben do que falan e eu pensei que estaban de coña, aínda que porsiacaso acudín á mula para baixalo. Os cinco minutos esquecinme… e este fin de semana, facendo limpeza atopo o ficheiro comprimido: extraer e “add files to winamp”.

Logo ven o peor. Non sabía que escoitaba. Miro o nome do grupo. Remata a primeira canción e volto a poñela co temor de que a segunda sexa horríbel. Cando dixero a primeira paso á segunda e desconcertado collo o mando para subir o volume. Non pode ser!!!! Escoito un “bó disco”, deses enteiros, homoxéneos… teño que mercar un ipod deses para podelo escoitar na rúa. Hainas mellores que outras, hai que recoñecelo, pero isto tíñano tamén aqueles dous discos que fixeron Istoria fai tanto tempo ¿onde estarán? Xa teño un argumento para ir ao Fib. Xa teño un bó disco que escoitar: Dont believe the truth!!!

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2005/06/01/desconcerto/trackback/

  1. Concordo plenamente

    Comment by Cesare — June 17, 2005 @ 10:05 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here