Contos de estrelas e limons

July 19, 2005

3G rules… ou non rules

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 9:50 pm

Comezo a experimentar realmente que carallo é isto da “Ubicuidade”, ainda que hai moito de publicidade e a realidade é, como sempre, un pouco menos marabillosa de como a pintan. Polo mundo adiante hai moitas redes Wifi abertas, máis por descuido que por opción, aínda non somos tan libertarios como para abrir o noso acceso a t0′quiski, ¿non sí? Pero o cacharriño que no traballo me pasaron fai cousa dun mes comeza a funcionar. Segundo en que lugares teño moita cobertura, no centro da cidade dos museos non teño problema para coller 2,5G, pero moi poucas veces collín 3G. No aeroporto (dende onde posteo) teño cobertura, pero dende un pouco máis abaixo xa non hai nada de nada. Mañá probarei en Pontevedra, onde un congreso sobre sociedade da información e os seus retos para o desenvolvemento das sociedades menos avanzadas economicamente serve de excusa para voltar á casa, á praia, ao mar.

o medo

Filed under: vida cotiá - estrelaselimons @ 11:42 am

eu só ía tranquiliño nun cercanías dende a periferia da urbe ao centro. A catro estacións de atocha subiron no meu convoi unha morea de subordinados de Bono. Era nin máis nin menos que o exército entrando nun tren, de xeito ordeado: un soldado (ían con boina verde) armado cunha metralleta desas das gordas e un tanto nervosos. Un deles veu cara a min, coma sempre no fondo do vagón. Tiña, como sempre, unha maleta. Mentres o Soldado viña cara mín, un armario de dous x dous, con metralleta apuntandome de xeito inconsciente, repasei rapidamente os meus escasos coñecementos de dereito civil, lei corcuera e demáis, sen chegar a saber exactamente cales son os meus dereitos perante un soldado armado.

O tipo preguntou só se esa maleta era miña, e respostei afirmativamente cun xesto. Ficou ao meu carón o resto da viaxe sen deixar de controlarme. Atocha. Collo a maleta, o portatil e tiro millas cara o metro. No trasejo, páranme dous nacionais, merda de lei corcuera. Algo non vai bem, alguén ten medo a que se repita o de londres, o do 11M… eu endexamáis fun acopañado polo exército nunha viaxe no transporte público, nin sequera os días posteriores ao 11M. Menos mal que hoxe saio d’aquí, porque isto, crédeme, acojona.

July 15, 2005

por fin!

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 1:43 pm

Logo de moito tempo, logo de moitos esforzos, de bla bla bla… por fin están rematadas as licenzas. Podedes xa actualizar as vosas vellas licenzas en español, portugués, inglés… e pór as licenzas en galego. E iste só é o primeiro paso, porque hai experiencias como a de chile das que temos moito que aprender. Pero hoxe, a festexalo: hoxe demos un pasiño máis cara adiante.

July 14, 2005

Por fin de volta

Filed under: d'aquí pr'ala - estrelaselimons @ 9:41 am

O certo é que custou un pouco voltar. As mudanzas custan moito máis do que un cree. Conseguir unha liña de ADSL que funcione semella unha milagre… e se a todo isto engadimos unha celebración multitudinaria para o 24 de Xullo e líos no choio… pois xa temos unha concatenación de circunstancias que non fan nada sinxelo o escreber un mísero post en tantos días… e crédeme que non é porque faltan temas. Agora experiemento coa miña nova tarxetiña, que vai moi bem no centro, e que nuns días probarei por toda a península. Parlarem. Parlarem. Parlarem!

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here