o medo
eu só ía tranquiliño nun cercanías dende a periferia da urbe ao centro. A catro estacións de atocha subiron no meu convoi unha morea de subordinados de Bono. Era nin máis nin menos que o exército entrando nun tren, de xeito ordeado: un soldado (ían con boina verde) armado cunha metralleta desas das gordas e un tanto nervosos. Un deles veu cara a min, coma sempre no fondo do vagón. Tiña, como sempre, unha maleta. Mentres o Soldado viña cara mín, un armario de dous x dous, con metralleta apuntandome de xeito inconsciente, repasei rapidamente os meus escasos coñecementos de dereito civil, lei corcuera e demáis, sen chegar a saber exactamente cales son os meus dereitos perante un soldado armado.
O tipo preguntou só se esa maleta era miña, e respostei afirmativamente cun xesto. Ficou ao meu carón o resto da viaxe sen deixar de controlarme. Atocha. Collo a maleta, o portatil e tiro millas cara o metro. No trasejo, páranme dous nacionais, merda de lei corcuera. Algo non vai bem, alguén ten medo a que se repita o de londres, o do 11M… eu endexamáis fun acopañado polo exército nunha viaxe no transporte público, nin sequera os días posteriores ao 11M. Menos mal que hoxe saio d’aquí, porque isto, crédeme, acojona.



Ou faga coma mim, nom leve maleta
Pero sí que “acojona” o feito de ver tres militares coa metralheta na cadeira e asida pola culata mirando para ti.
Comment by EMF — July 22, 2005 @ 10:37 am