Contos de estrelas e limons

August 26, 2005

As capas da rede

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 4:03 pm

Re-lendo por ahí temas varios sobre Creative Commons e a propiedade intelectual, bato de novo coa análise de Benkler e Lessig das tres capas. Segundo eles existen tres capas analíticas nas que se pode segmentar a rede. Unha primeira capa éstá formada pola infraestructura da Rede, é dicer, os cacharriños (Cables, PCs, Servidores, Modems) todo o que é a infraestructura de acceso e servicio, a “rede máis física”. Nun segundo termo está a capa lóxica ou do código, formada polos compoñentes brandos (software e aplicacións) que fan funcionar á primeira capa e lle dan un senso. Nultimo termo está a capa superior, formada por contidos (como este) que circulan sobre as capas anteriores. Esta é a capa máis intanxíbel da rede.

Bueno, despois de simplificar ata ó ridículo o pensamento de Lessig, decateime dun dos problemas básicos á hora de planificar políticas públicas en materias de Sociedade da Información: normalmente fícase na parte da infraestructura, na parte que se mira, que se palpa, nos aparellos: así a universidade de santiago vende Portátiles Thosiba aos alumnos, póñense telecentros, R cablea, habilítanse ADSLs, UMTS, 3G e demáis gaitas. Pero salvo en escasas condicións se aposta polas duas capas superiores. Claro que a apropiación social das TIC pode e toma camiños insospeitados, e iso é o divertido para os investigadores sociais ¿non sí?

August 17, 2005

Parecidos razoabeis

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:19 am

Fai un tempo participamos na organización dun evento un tanto singular, unha Festa de Internet, un dos poucos eventos que coñezco que empreguen como eixos prioritarios o emprego de Software Libre e Licencias Creative Commons.

Por outra banda, e aínda que escoitara falar por ahí desta outra festa, non entrei ata esta mañá ociosa de mércores, mentres agardo a que me traian o meu novo forno, no website. En fin, parecidos razoábeis, ainda que coma sempre… as comparacións son odiosas ¿non si? Supoño que en X meses teremos unha FestadaRede propia, e como sempre, cadaquén falará da festa como lle vaia nela.

August 9, 2005

Casei

Filed under: vida cotiá - estrelaselimons @ 7:58 pm

Días de estrés, de gastar moito carto… días de carreiras pola A6-A52-AP9, Aeroportos, Maletas, Recados, Cancións, Música, Risas, Peluquería, Flores, Ramos, Probas, Cenas, Comidas, Viño, Fardar de país ante uns e outros, dúbidas no viño [finalmente Martín Codax e Marques de Cáceres], No marisco, na comida (¿chegará? ¿será moita?… ten que sobrar). Dias de Teléfono, de mail e de Berros dun lado ao outro. Comida, moita comida. Viño, Caña e Copas. Uns nunha casa rural, outros na Igrexa, repartidos polas casas, na casa do barón, en hoteliños da bisbarra… todo para pasar unha tarde de picnic nun fermoso casteliño que reconquistamos os irmandiños na vispera do 25 de Xullo.

A B.S.O para agardar pola festa foi a sinfonía en escala de grises confeccionada polo meu Sr. Irmán. Durante o evento escoitamos Divine Comedy: A Theme from Casanova; moito Death Cab for Cutie [Novo disco nuns días!]e Divine Comedy: Something for the weekend. Para xantar un pouco de Soul de Alma Cogan, Northern Soul, Cooler Shakers! et al.

Seica cada un conta a festa como lle foi nela, é coido que neste caso é bem certo. Cadaquén marchou coa súa chapa conmemorativa e agardo co recordo dun día dificil de esquecer, o certo é que unha noite no muiño non é noite nin é nada… pero é o que hai, cada un marchou á súa casa, nos de vacacións e todos felices (!). Grazas a Flickr podedes cotillear un pouco e facervos unha boa idea da troula coas fotografias que imos subindo ós poucos.

novo goberno

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 1:35 pm

si, vou con un mes de retraso, que se lle vai facer… Mais adiante alegaremos os diferentes motivos que me teñen alonxado de mais da ciber-escritura, pero non podía deixar de escreber sobre o novo goberno e o novo organigrama da xunta. Unha vez máis cúmplense os temores que compartimos con varios bloggeiros e non-blogeiros: a Soc da Inf e do Coñecemento non aparece por ningures. Certo é que eu non son partidario de que exista unha consellería de SI (como existe nalgún concello catalán, no de Barcelona, se ir mais lonxe), coido que as responsabilidades son transversais, e artellar unha política eficaz en materia de SI implica que exista un departamento transversal con competencias nesta materia. É o que lles pasa aos bós amigos da STSI de Catalunya, nos seus eixos de actuación tocan con sanidade, interior, educación, industria, etc… e eles son un Dpto (unha secretaría) dentro dunha consellería: solucións?: ou pasa a presidencia ou fica como un dpto aparte con dúas consecuencias ben diferentes: ir un paso por diante de todo o estado ou simplemente dar un paso.

Pero nos imos moito máis atrás, pese a que temos dous homes de Telecomunicacións (un de Auna-Agora France Telecom/ Ono?) e outro de Telefónica como ministros fortes (Economía e Industria) aínda non mirei a SI/SC por ningures… o certo é que tampouco estaba nos programas electorales de xeito explicito… polo que non sei porque me extraño.

Moito menos cando comentan por ahí (eu non puiden asistir por cuestións de forza maior) que no Festigal… (cut & paste de Mary All Nothing):

E o BNG que pode facer con interné? (Resposta: O BNG ten outros problemas que amañar antes que o da interné, anque todo pode axudar).

Sei ben que a Sociedade do Coñecemento é moito máis ca Internet, pero este trebello non deixa de ser unha parte mais ou menos fundamental, e cando hai “outros problemas” (que é certo que están ahí) con prioridade sobre estes coido que temos un problema. Non serei eu quen diga que Internet ten que ser unha prioridade dun partido ou dun goberno, pero esa afirmación implica que ambos semellan ficar na Sociedade Industrial con un enfoque ou perspectiva que está un pouco lonxe do que ao meu parecer é axeitado (criterio subxectivo) pero tamén das pautas de comportamento de políticas públicas de Gobernos que poderíamos ter como exemplo ao estar económica e socialmente á vangarda mundial ou europea (Catalunya, Finlandia, Singapur, Corea ou mesmo Brasil)… e isto xa non é un criterio tan subxectivo.

Semella, sei tamén que é arriscado dicer isto cuns días de goberno, pero confío nas primeiras impresións, que existe unha concepción de Política 1.0 (votame unha vez cada catro anos e cala), con educación e pedagoxías bancarias, con todo o que implica unha perspectiva, un enfoque, un xeito de ollar as políticas públicas de xeito “industrial”. Ogallá me equivoque e me sorprenda a creación dunha secretaría de “Participación Cidadá” vencellada a Presidencia ou a Cultura, ogallá escoitemos falar moito de pedagoxía informacional ou de “educación democratica” (para as que non se precisan PCs, nin internet, nin UMTS), “ojalá que las hojas no te toquen el cuerpo cuando caigan para que no las puedas convertir en cristal.”

sinfonía en escala de grises

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:43 pm

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here