novo goberno
si, vou con un mes de retraso, que se lle vai facer… Mais adiante alegaremos os diferentes motivos que me teñen alonxado de mais da ciber-escritura, pero non podía deixar de escreber sobre o novo goberno e o novo organigrama da xunta. Unha vez máis cúmplense os temores que compartimos con varios bloggeiros e non-blogeiros: a Soc da Inf e do Coñecemento non aparece por ningures. Certo é que eu non son partidario de que exista unha consellería de SI (como existe nalgún concello catalán, no de Barcelona, se ir mais lonxe), coido que as responsabilidades son transversais, e artellar unha política eficaz en materia de SI implica que exista un departamento transversal con competencias nesta materia. É o que lles pasa aos bós amigos da STSI de Catalunya, nos seus eixos de actuación tocan con sanidade, interior, educación, industria, etc… e eles son un Dpto (unha secretaría) dentro dunha consellería: solucións?: ou pasa a presidencia ou fica como un dpto aparte con dúas consecuencias ben diferentes: ir un paso por diante de todo o estado ou simplemente dar un paso.
Pero nos imos moito máis atrás, pese a que temos dous homes de Telecomunicacións (un de Auna-Agora France Telecom/ Ono?) e outro de Telefónica como ministros fortes (Economía e Industria) aínda non mirei a SI/SC por ningures… o certo é que tampouco estaba nos programas electorales de xeito explicito… polo que non sei porque me extraño.
Moito menos cando comentan por ahí (eu non puiden asistir por cuestións de forza maior) que no Festigal… (cut & paste de Mary All Nothing):
Sei ben que a Sociedade do Coñecemento é moito máis ca Internet, pero este trebello non deixa de ser unha parte mais ou menos fundamental, e cando hai “outros problemas” (que é certo que están ahí) con prioridade sobre estes coido que temos un problema. Non serei eu quen diga que Internet ten que ser unha prioridade dun partido ou dun goberno, pero esa afirmación implica que ambos semellan ficar na Sociedade Industrial con un enfoque ou perspectiva que está un pouco lonxe do que ao meu parecer é axeitado (criterio subxectivo) pero tamén das pautas de comportamento de políticas públicas de Gobernos que poderíamos ter como exemplo ao estar económica e socialmente á vangarda mundial ou europea (Catalunya, Finlandia, Singapur, Corea ou mesmo Brasil)… e isto xa non é un criterio tan subxectivo.
Semella, sei tamén que é arriscado dicer isto cuns días de goberno, pero confío nas primeiras impresións, que existe unha concepción de Política 1.0 (votame unha vez cada catro anos e cala), con educación e pedagoxías bancarias, con todo o que implica unha perspectiva, un enfoque, un xeito de ollar as políticas públicas de xeito “industrial”. Ogallá me equivoque e me sorprenda a creación dunha secretaría de “Participación Cidadá” vencellada a Presidencia ou a Cultura, ogallá escoitemos falar moito de pedagoxía informacional ou de “educación democratica” (para as que non se precisan PCs, nin internet, nin UMTS), “ojalá que las hojas no te toquen el cuerpo cuando caigan para que no las puedas convertir en cristal.”


