Contos de estrelas e limons

August 26, 2005

As capas da rede

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 4:03 pm

Re-lendo por ahí temas varios sobre Creative Commons e a propiedade intelectual, bato de novo coa análise de Benkler e Lessig das tres capas. Segundo eles existen tres capas analíticas nas que se pode segmentar a rede. Unha primeira capa éstá formada pola infraestructura da Rede, é dicer, os cacharriños (Cables, PCs, Servidores, Modems) todo o que é a infraestructura de acceso e servicio, a “rede máis física”. Nun segundo termo está a capa lóxica ou do código, formada polos compoñentes brandos (software e aplicacións) que fan funcionar á primeira capa e lle dan un senso. Nultimo termo está a capa superior, formada por contidos (como este) que circulan sobre as capas anteriores. Esta é a capa máis intanxíbel da rede.

Bueno, despois de simplificar ata ó ridículo o pensamento de Lessig, decateime dun dos problemas básicos á hora de planificar políticas públicas en materias de Sociedade da Información: normalmente fícase na parte da infraestructura, na parte que se mira, que se palpa, nos aparellos: así a universidade de santiago vende Portátiles Thosiba aos alumnos, póñense telecentros, R cablea, habilítanse ADSLs, UMTS, 3G e demáis gaitas. Pero salvo en escasas condicións se aposta polas duas capas superiores. Claro que a apropiación social das TIC pode e toma camiños insospeitados, e iso é o divertido para os investigadores sociais ¿non sí?

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2005/08/26/as-capas-da-rede/trackback/

  1. Eu non poderIa explicalo mellor! :-)

    Soio me permito añadir que: a administraciOn pUblica española tamén parece que se percatou de que sólo temos en marcha a capa da “ferralla” (ou rede máis física) e comenzan a surxir programas máis orientados a contidos e servicios… así, por exemplo, no canto de limitarse a desplegar ordenadoes nas escolas xa comenzan a aparecer iniciativas enfocadas os contidos como www.internetenelaula.es; en pouco tempo deberíamos ver as mesmas noutros ámbitos como o rural, a sanidade, a xustiza….. Permanezan atentos as suas pantallas :-)

    Comment by vorjales.net — September 22, 2005 @ 8:51 am

  2. Eu tamén o creo. O mellor exemplo é a EPE Red.es, que semella facer unha aposta decidida pola investigación… De todos modos o obxectivo é a moi longo plazo e, sinceiramente, non creo que o problema esté nas cousas que se producen, senón na mentalidade… seguemos a pensar coa mente industrial… e iso non é bó de todo. ¿non sí?

    Comment by Administrator — September 26, 2005 @ 10:40 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here