Contos de estrelas e limons

September 26, 2005

o poder amplificación da rede…

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:36 pm

Falouse en multitude de foros, somos moitos os frikis que andamos predicando no deserto… falando de blogs, podcast, de contido, do cambio que supón internet para o productor, pero tamén para o consumidor. Internet dalle a voz aos de abaixo, aos que non teñen voz nos medios, aos que teñen como único medio á sua propria voz. Falamos, escoitamonos entre nos e de vez en cando sacamos algo en claro, convencemos a alguén e gabámonos de que expansión teña un blog, de que victoria prego tamén e consideramos “bó” que Quin, Carme Adán e non sei quen máis teña un blog en campaña electoral.

Pero semella que non nos fan moito caso. Para mostra, un botón: o caso da empresa que nacho escolar e telecinco amplifican. Pero non son, nin moito menos os primeiros. Isto ven de lonxe (barrapunto). Paga a pena ler o post… independientemente do que se diga, de que sexa certo ou non… SEÑORES: Non poden coa rede. A lei de Metcalfe (a utilidade dunha rede multiplícase a grande velocidade a medida que aumenta o número de nodos) e a de Reed (a capacidade dunha rede multiplícase máis rapidadmente a medida que se incrementa o número de grupos humáns diferentes que poden empregala) [vía o vello tolo] son leis, son leis que empoderan á sociedade, ao usuario que coa axuda da “solidaridade” pode difundir a súa mensaxe. En vez de deixalo correr estimulan a amplificación da mensaxe… alá eles, pero o propio economist -nada “vermello”- admitía recentemente: “Power to the people”.

September 13, 2005

historias

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:13 am

leo nalgures acerca dos usos impensados da tecnología… si, o conto de sempre… e bato cunha iniciativa moi interesante, que me lembra, non sei moi bem porqué, a de rañaceos de Tintachina. O caso é que alguén bateu en fotografiar telefoniños e vencellar esta imaxe cun breve relato… podedes ver o experimento buscando a “tag” flicktion en Flickr.

September 2, 2005

Peche de blogs

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 3:04 pm

Xa foron unhas tres veces. Primeiro Jean Sol parte cara os Homens e deixa a blogosfera, un dos meus asiduos… e agora unha das poucas bitacoreiras do estado deixa a profesión por razóns que descoñezo. Pero non son só estes… hai moitos mais, supoño que xa da para facer unha pseudo investigación de porqué e para qué usan os bloggeiros os blogs e porque deciden deixar de actualizalos. Bye bye tintachina e deica outra singladura.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here