o poder amplificación da rede…
Falouse en multitude de foros, somos moitos os frikis que andamos predicando no deserto… falando de blogs, podcast, de contido, do cambio que supón internet para o productor, pero tamén para o consumidor. Internet dalle a voz aos de abaixo, aos que non teñen voz nos medios, aos que teñen como único medio á sua propria voz. Falamos, escoitamonos entre nos e de vez en cando sacamos algo en claro, convencemos a alguén e gabámonos de que expansión teña un blog, de que victoria prego tamén e consideramos “bó” que Quin, Carme Adán e non sei quen máis teña un blog en campaña electoral.
Pero semella que non nos fan moito caso. Para mostra, un botón: o caso da empresa que nacho escolar e telecinco amplifican. Pero non son, nin moito menos os primeiros. Isto ven de lonxe (barrapunto). Paga a pena ler o post… independientemente do que se diga, de que sexa certo ou non… SEÑORES: Non poden coa rede. A lei de Metcalfe (a utilidade dunha rede multiplícase a grande velocidade a medida que aumenta o número de nodos) e a de Reed (a capacidade dunha rede multiplícase máis rapidadmente a medida que se incrementa o número de grupos humáns diferentes que poden empregala) [vía o vello tolo] son leis, son leis que empoderan á sociedade, ao usuario que coa axuda da “solidaridade” pode difundir a súa mensaxe. En vez de deixalo correr estimulan a amplificación da mensaxe… alá eles, pero o propio economist -nada “vermello”- admitía recentemente: “Power to the people”.


