fon, seguro que escoitaches falar sobre este tema… ata o punto de colarse na xornada do luns e de monopolizar o permanente debate entorno a diferentes estándares e tendencias na rede. Algúns póñenlle pegas á parte tecnolóxica, como Mario e outros, aos que non enlazo, critican o talante mercantilista e o savoir faire de Martin… aínda que non serei eu quen fale mal dalguén que fixo o que fixo con Jazztell ou Ya.com. Non sei se é un vendedor de fume ao que lle sairon ben un par de proxectos, pero tampouco me importa excesivamente… eu o que quería é falar sobre a parte máis social deste proxecto.
O proxecto FON baséase en dar acceso WiFi de balde empregando a “colabouración” dunha rede de usuarios de ADSL que poñen a disposición da entidade parte do seu ancho de banda a cambio de duas cousas: poder conectarse en calquer lugar de balde coa rede FON e parte dos beneficios que xenere a súa conexión inalámbrica.
A primeira enmenda é á totalidade. Existen proxectos similares en moitos lugares. As Redes Cidadás de Catalunya levan abrindo diferentes puntos WiFi (de xeito ilegal, claro) á cidadanía. Cando estiven en BCN fai cousa de 6 meses era posíbel acceder en toda a cidade a varios puntos wifi de balde. En madrid o movemento e a aposta mais forte está vencellada aos hacklabs e a proxectos como lavapies wireless, un proxecto que leva en marcha varios anos e no que a “saida á rede” é só unha das opcións. Botarlle un ollo a Smartmobs (tanto o libro, que a JJ non lle gustou, como á web), non está de maís… e pódese ver como a ubicuidade é unha pauta social emerxente, na que FON posiblemente teña cabida como servizo pero ¿tería éxito?
E pasamos ao tema clave: a cooperación. Hai algo “especial” na rede que podemos chamar “Etica Hacker” que choca frontalmente coa filosofía deste proxecto. As Smarts Mobs son multitudes intelixentes que cooperan, na meirande parte dos casos, de xeito desinteresado. A rede actúa como vehiculador de sinerxias (…) e provoca que, como como Kohfam, xentes se poñan a colaborar en proxectos con descoñecidos por pouco máis que un “intanxible” como é o “status” nunha comunidade concreta. I é que no fondo, detrás de todo o debate de Fon-si-Fon-Non está unha concepción vital e, sobre todo, unha concepción da cidadanía dixital. ¿É o ser humán un actor racional que busca maximizar sempre a faceta económica? A resposta é un rotundo Non e exemplos disto temolos a mansalva. ¿Pode máis a Ética Hacker e intanxibles como o “status” ou a lóxica mercantilista? No mundo real non o dubidamos, a lóxica mercantilista… pero a Rede é diferente e o caso que documenta Pau Contreras pode servir de perfecta ilustración.
Hai espazo para Fon: Si. Será FON a próxima revolución social como pretenden vendernos: Non. Traballa sobre unha tecnoloxía en decaída (o futuro é o WiMax), xa existen proxectos similares descentralizados… e a lóxica da rede non vai cara a centralización vai cara a comunidade, e as leis de Reed e Metcalf apuntan cara iso.
Cánsome de escreber… pero o tema non deixa de poñerme dos nervios. Agora cada quen ten que decidir e facer apostas ¿funcionará Fon ou non?