Contos de estrelas e limons

October 11, 2005

Filed under: Cinema - estrelaselimons @ 10:48 am

Chove en madrid. Unha vez mais comezo a recuperar horas ao día para facer cousas tan sinxelas como ir ao cine, achegarme ata o reina sofía, ou comezar a buscar as castañas polos postos do centro. Lembro que en “El Viejo Topo”, revista que ten unha das mellores críticas cinematográficas das que coñezo, se criticou moito o rol da muller en “los lunes al sol”… e certo que é o papel da muller é sempre secundario, sempre tragando e aturando. Non sei se por estas ou por outras razóns, o meu tocayo en Princesas aborda tres temas cruciais no análise de xénero: a inmigración, a violéncia de xénero e a prostitución.

O filme, no estético, é precioso. Igual que fixo en Barrio ou en “los lunes al sol”, León foi quén de captar que hai debaixo desta cidade de oficinas, despachos e administracións. Manu Chao ponlle a mellor das Bandas Sonoras e algúns no cine aplauden cas pálpebras. Da gusto as veces pegarse un empacho de realidade, ver que alguén e capaz de sacar a foto fixa, poñela en perspectiva e non esquecer que se vas de Mar de Cristal a Princesa pasas pola estación Esperanza.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2005/10/11/51/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here