a cidade dos nenos
O meu compañeiro de pupitre falame dun “caso”. [É importante contar cos dados contextuais, traballo nunha escola de negocios… é dicer, a mentalidade empresarial está por todos lados, ata o punto de asustar]. Logo de analizar o Caso IKEA e ver como o proceso de compra e toda unha experiencia [quitante aos estorbos: os nenos ao entrar, o home pode ir á cafetería, poñenche a cafetería moi moi barata xusto antes de que teñas que ir coller a mercancía para que non estés canso, etc] coméntame o caso da “cidade dos nenos“. Esta experiencia ven de México e realmente é abraiante. Unha cidade en pequeno que, loxicamente, limita as suas funcionalidades ao consumo e ao traballo. Hai bancos, supermercados, aluguer de coches, medios de comunicación, medios de transporte… etc.
a idea é que cada marca subvenciona ou patrocina un dos establecementos. Por exemplo, Ponds patrocina o centro de beleza; Macdonals a hamburguesería, etc. Fico abraiado, en primeiro lugar coa naturalidade que comentan esta iniciativa en termos de fidelización de clientes dende que nacen. Eu mais ben penso na cultura do centro comercial que existe na periferia das grandes cidades. Onde eu vivo está este (por certo, edificado en terreos do caudillo), este outro, este novo… ou para que cortarnos… a lista é longa.
Dende pequenos os rapaces metidos nun centro comercial, nun “no lugar”, embutidos nunha cultura da mercantilización e do consumo… se xa o dícían os proverbios de Salomón: “instrúe ao rapaz no camiño, e aínda cando sexa vello non se apartará del”.




