Contos de estrelas e limons

November 23, 2005

Yesterday, Coldplay

Filed under: Music - estrelaselimons @ 12:27 pm

Eu fun un dos privilexiados. Chejei co tempo xusto de colarme na cola, colar a uns vigueses e situarme ben preto do escenario, a sete filas mais ou menos. Tamén fun un privilexiado porque alguén tivo a bem pagar por min os 35€ da entrada… 35 euros, porque de ter que pagalos eu non ía nin de coña. Pero bueno, pagou a pena… Goldfrapp comezou a tocar nun local con media entrada, con xente que non coñecía ao grupo e con moita forza. Non sei porqué pero o escenario era moi “apple”, blanco e de deseño… cairon catro cancións e ao comezo da quinta alguén cortou a corrente do pazo e rematou o concerto. Nadie entendía nada, nadie dixo nada e os técnicos comezaron a desmontar parte do escenario… inenarrable (ou como se diga).

Coldplay fixo un concerto moi bó. A posta en escea estaba currada (unha macropantalla detrás ao estilo U2) e fixeron un bó show. Chris medra no escenario, corretea dun lado para outro, pendúrase de barandillas, toca ao público e fai corear todas e cada unha das cancións ao persoal. O mellor foi un pequeno concertiño que fixeron no medio das distorsións. Tres cancións acústicas, con guitarras, piano e harmónica… pouco máis… i é que non lles fai falla moito máis… en fin, un pedazo concerto

En fin, coincido coas análises, un pedazo de concerto… e o bó se breve…mellor.

Por outra banda… non deixa de chamarme a atención a cantidade de frikis que facíamos varias cousas cos móviles. Por un lado moita xente chamaba aos amigos (supoño que aos amigos e non a descoñecidos) ao longo das diferentes cancións, sobre todo nos hits. Outros, os menos, empregaban a videochamada (só localicei a un). Os mais sacaban fotos do concerto con cámaras de dubidosa calidade. Moitisima cámara dixital, moitas fotografías como estas e moitos vídeos grabados con cámara dixita e videocámara. En moitas ocasións mirabas cara o escenario atopabas cun cento de pequenas pantalliñas… en fin, ríome eu dos DRM! ¿e que aínda non se decata nadie que isto e imposible de controlar? :D D

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2005/11/23/yesterday-coldplay/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here