Contos de estrelas e limons

February 22, 2006

que bailen los robots

Filed under: Music - estrelaselimons @ 11:29 pm

Coñecín ao sobriño do demo no tempo que estiven en BCN. En tres meses mireino tres veces, duas en pubs e unha nas festas da mercé. Gustoume moito a súa posta en escea e coido que paga a pena que lle botes unha ollada ao seu maxistral videoclip do hit “Que bailen los robots”, tamén coñecido pola pegada do seu estribillo a chichiperendengue.

Podes acceder ao vídeo en YouTube ou ir ao arquivo bó, que pesa máis pero paga a pena a definición, está eiquí

De Concentra a Iman

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:23 am

O ano pasado, grazas ao favor dun amigo, conseguir un pase para ir a Concentra, o Foro anual de marketing directo e comercio electrónico. Algunhas cousas que escrebin por aquel tempo están aquí, aquí ou eiquí.

Vía un dos weblogs da A-List entérome que Concentra pasa a chamarse iman… e que o cartel perdeu moito atractivo. O pasado ano estiveron Castells, Lessig e Yoichi Kinoshita como “keynote speachers”, máis agora miro que o único interesante, o único “novo” que se pode escoitar é… mmmm o tipo de Skype… pero non moito máis. Unha magoa, porque mira que hai xente interesante e non só vendedores de fume como D. Martín-uneteamirevoluciónparaganarpasta-Fon

En fin, o tempo pon a cadaquén no seu lugar,que fará este bó home cos 18 millons de euros? Cambiará algo o seu plantexamento de negocio dende unha iniciativa “chupiguay que sale de los blogsjocomomolo” cara algo máis “sincero”? E non… non irei a Iman ;)

Contidos Dixitais

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 12:41 am

Desperto e cunhas novas xeitosas. Se na ducha estiven a pensar en como dotar a unha enquixa online de blogs de certa fiabilidade/coherencia… e como construír unha representatividade doutra orde no mundo online… atopo con que por colleron o boli e papel e comezaron a analizar un por un os blogs en galegos, o blogomillo vaia.

A pregunta da enquixa de tintachina é un tanto diferente, non pregunta por cando se comezou, senón por cando se descobreron os weblogs. Pronto haberá unha publicación destes dados, máis concordan relativamente cos de Calidonia… a explosión dos weblogs foi no 2005.

Agora bem, que pasa no cambio de ano? baixa o número de blogs? eu non o creo… mais bem creo que se dilue o concepto de blog ao integrarse en entornos/ecosistemas como o que propicia o Mesenger de Micro$oft. Existen tres grandes xogadores: Microsoft, Google e Yahoo, cadanseu coa súa “killer application”, o messenger, buscador e… ¿?, Google fallou co seu programa de mensaxería instantánea… Yahoo non acaba de atopar o punto co seu 360… nembargantes… microsoft parece que deu na diana. ¿Cales son os motivos disto? Hai moita tela que cortar, pero para min que os tiros van polos usuarios, como sempre. Mentres que os usuarios de google son pasivos (buscas información), os de IMessenger son moi activos (chateas)… e sobre todo o nick do messenger, no caso dos rapaces, semella converterse na “tarxeta de visita” e está vencellada a unha conta de correo…

Moi ao meu pesar semella que M$ toma a dianteira nisto de ofrecer ferramentas para crear contidos dixitais… que interesante sería facer uns grupos sobre isto…

February 20, 2006

Social Networks

Filed under: software social, Análise - estrelaselimons @ 1:26 am

Seica moita xente está teorizando agora sobre as redes sociais… eu volvo a actividade cun dos vídeos mais interesantes que mirei sobre o tema… e sobre todo probo isto dos videos no blog q nunca o fixen :P

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here