De Concentra a Iman
O ano pasado, grazas ao favor dun amigo, conseguir un pase para ir a Concentra, o Foro anual de marketing directo e comercio electrónico. Algunhas cousas que escrebin por aquel tempo están aquí, aquí ou eiquí.
Vía un dos weblogs da A-List entérome que Concentra pasa a chamarse iman… e que o cartel perdeu moito atractivo. O pasado ano estiveron Castells, Lessig e Yoichi Kinoshita como “keynote speachers”, máis agora miro que o único interesante, o único “novo” que se pode escoitar é… mmmm o tipo de Skype… pero non moito máis. Unha magoa, porque mira que hai xente interesante e non só vendedores de fume como D. Martín-uneteamirevoluciónparaganarpasta-Fon
En fin, o tempo pon a cadaquén no seu lugar,que fará este bó home cos 18 millons de euros? Cambiará algo o seu plantexamento de negocio dende unha iniciativa “chupiguay que sale de los blogsjocomomolo” cara algo máis “sincero”? E non… non irei a Iman


