Another enquixa
Xunto con Gemma e Tiscar estamos a botar para adiante a que será III Enquixa a Bloggers. Grazas ao software que nos cede unha empresa de BCN chamada Netquest (do mellorciño en campo online e cunha ferramenta (survey manager) que cumple os sonos de calquer investigador social), coa que xa traballei nalgún outro proxecto poderemos darlle outra dimensión a este proxecto.
A principal baza é manter a estructura da enquixa, só facendo cambios nas categorías imprescindíbeis para manter a comparabilidade cas dúas predecesoras. Dicer… dicer que os cambios son para estandarizar as respostas cas do INE, RED.ES, PEW… ou calquer fonte de dados que nos poida servir de referente para tirar comparacións e conclusións.
Neste caso tamén apostamos polo multilingüismo!. Grazas ao traballo de Calidonia, que tivo a bem facerme unha mostraxe aleatoria entre os blogs galegos, podemos dicer que haberá dados fresquiños pronto sobre como somos os blogueiros galegos. Logo virán os demáis, os que escrebem en castelán, euskera ou catalán. Nestes casos a metodoloxía é un pouco enrevesada, porque non existe censo algún dos blogs, co que teremos que empregar búsquedas das palabras máis empregadas en cada língua (lei de Zipf) nos buscadores dos blogs e seleccionar un criterio X para darmos co noso método de mostraxe aleatoria (maxistral suxerencia de JJ.
Supoño que a finais desta semá comezarán a chegar os primeiros datos… primeiro os galegos… e logo (pouco a pouco) os dos bloggers casteláns, cataláns e euskeras. A ver que sae disto… :S



