My Spaces
Nestes días levamos na lista de AoIR (Association of Internet Researchers) un apaixoante debate sobre My Space e como os mozos se apropian deste “espazo”. Como nalgunhas outras ocasións, Danah Boyd é unha das referencias, neste caso co seu paper Identity Production in a Networked Culture: Why Youth Heart MySpace.
MySpace é unha das aplicacións que eu inclúo dentro diso que se deu en chamar Web 2.0 e os mozos son, a eXeración, quenes máis activamente están empregando estes espazos. En concreto, no caso de MySpace, según os dados de Danah:
folks aged 100 who are actually teens.
¿Porqué? Mimi Ito creo que da cunha das claves no seu “Ambente vitual de copresenza”, termo que debe ser contextualizado nas prácticas sociais dos mozos e na importancia que ten o grupo de pares nesta idade. Os mozos non se perciben a aplicacións como a Mensaxería Instantánea ou MySpace como “Internet”… para eles “Internet” é outra cousa, en moitos casos os buscadores como Google… pero as aplicacóns comunicativas ¡¡non!!. Eiquí hai un cambio espectacular na concepción da rede. É certo, son (¿somos?) a xeración que naceu cun PC entre as mans e que temos conexión á Rede tan só con prender o PC, é dicir, o Messenger é unha aplicación do propio PC, non de Internet, ao igual que o correo electrónico.
¿Cales son as conexións entre os ciberespazos e o MundoReal? Edgar Gómez, un bó amigo compañeiro de batallas quere matar ao ciberespazo por isto, porque este concepto está embebido xa na vida cotiá, non é un espazo/lugar diferente, senón que se integrou nas práxes cotiás. Pero igualmente… ¿como se imbrican aplicacións como MySpace coas relacións interpersoais? ¿Cales son os mecanismos de reciprocidade, de identidade, de status neste contexto… ou mellor, neste “entorno”?


