Another enquixa
Xunto con Gemma e Tiscar estamos a botar para adiante a que será III Enquixa a Bloggers. Grazas ao software que nos cede unha empresa de BCN chamada Netquest (do mellorciño en campo online e cunha ferramenta (survey manager) que cumple os sonos de calquer investigador social), coa que xa traballei nalgún outro proxecto poderemos darlle outra dimensión a este proxecto.
A principal baza é manter a estructura da enquixa, só facendo cambios nas categorías imprescindíbeis para manter a comparabilidade cas dúas predecesoras. Dicer… dicer que os cambios son para estandarizar as respostas cas do INE, RED.ES, PEW… ou calquer fonte de dados que nos poida servir de referente para tirar comparacións e conclusións.
Neste caso tamén apostamos polo multilingüismo!. Grazas ao traballo de Calidonia, que tivo a bem facerme unha mostraxe aleatoria entre os blogs galegos, podemos dicer que haberá dados fresquiños pronto sobre como somos os blogueiros galegos. Logo virán os demáis, os que escrebem en castelán, euskera ou catalán. Nestes casos a metodoloxía é un pouco enrevesada, porque non existe censo algún dos blogs, co que teremos que empregar búsquedas das palabras máis empregadas en cada língua (lei de Zipf) nos buscadores dos blogs e seleccionar un criterio X para darmos co noso método de mostraxe aleatoria (maxistral suxerencia de JJ.
Supoño que a finais desta semá comezarán a chegar os primeiros datos… primeiro os galegos… e logo (pouco a pouco) os dos bloggers casteláns, cataláns e euskeras. A ver que sae disto… :S



…eu quero saber que foi primeiro, o blogueiro ou o blog? XD …ánimo coa análise, que sei que vai dar moito choio!!!
Comment by dorfun — March 23, 2006 @ 8:06 pm
Pois non o creas… isto da investigación online é moi sinxelo… o dificil é conseguir que a xente resposte… pero logo, o software desta xente tira as análises en tempo real… é unha pasada!
Comment by Administrator — March 23, 2006 @ 8:08 pm
Pois ánimo a todos.
Xa teño ganas de ter unha visión sobre Galicia.
Saúdos
Comment by Cruzul — March 24, 2006 @ 3:28 am
Gracias por visitar mi blog. Te envie un mail espero lo hayas recibido, de lo contrario en este emnsaje está tambien mi mail.
fabriziode@yahoo.com.ar
Saúdos
Comment by Fabrizio — March 28, 2006 @ 11:34 pm
Ola nandiño. Son o pesado do percebeiro outra ves. Poderias poñer un link ca miña blog? Dijocha outra ves por se a perdestes. www.susolista.blogspot.com Gracias de novo.
Comment by suso lista — April 3, 2006 @ 2:52 pm
III Encuesta a Webloggers
[IMGcenter=http://www.cibersociedad.net/img/logo2003.gif]Este Blog ha participado de la III Encuesta a Webloggers impulsada por Fernando Garrido, del …
Trackback by Indigo hablando boludeces — April 5, 2006 @ 6:40 pm