Contos de estrelas e limons

April 25, 2006

Flash Mobs!

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:28 pm

Vía Carlos Guadian, lembro unha fermosa práctica social, ás flash mobs… algo que Howard Rheingold estudou d’abondo, e que dende uns anos, pouco a pouco parece que vai calando na nosa sociedade. Non me imaxino aínda unha flash mob na plaza do meu povo… na banda do río de Bueu, pero tampouco teño moi claro que isto implique algo en concreto… máis aló do valor que ten a diversión ou a emerxencia de novos xeitos de organización social… ¿xerarquizada? ¿con que estatus?

A diversión é algo fundamental. Lembro que cando lín os textos de Rheingold alucinei un pouco coas cousas que relataba. Xogos de Guerrilla nas cidades, seguemento de famosos vía móbiles e unha morea de expresións de dúas pautas sociais: a diversión (o ocio) como “driver” e a “ubicuidade” como pauta social. Ás derivacións de ámbas son incríbeis, e posiblemente o futuro (noso, os japos e koreanos xa andan por eí) teña moito que ver con estes dous conceptos… e esta non é cuestión pequena, porque as implicacións para empresas como R son cruciais. Se os rumores dín que as “grandes” están como tolas replantexando os novos escenarios que a Converxencia (Apelídese Dixital ou Tecnolóxica), non me creo que R esté tranquila nin que non esté artellando o xeito de saltar cara adiante.

April 20, 2006

Filed under: vida cotiá - estrelaselimons @ 5:11 pm

volta á cidade. Estes días pegueime un par de viaxes ao eixo atlántico para duas moi boas causas, bodas e encontros. Sempre é extrano voltar a cidades coma compostela, esta vez da mán dunha organización impecábel que nos entretivo ata deixar as neuronas completamente cansas e saturadas. Cando un prende o ordenador, ao carón de Javier e Mónica, en serio, da pereza escreber. Son moitas as cousas a destilar, e moitas as ideas que teñen que reposar e moitos conceptos escritos na libreta para ver de onde saen.

Pero coincido coa análise que fan moitos, entre eles a propia Mónica, o mellor de todo son as persoas que están detrás, neste caso, dos blogs. Foi un pracer poñerlle cara a moitos (e permitideme que non enlace) e foi un pracer departir tranquilamente con outros moitos… enterarme de cibermaruxeos, máis dos que podía imaxinar, e ver as boas persoas (riquiñas ou raritas) que están detrás das verbas que un adoita ler á coitío.

Saúde a todos!

April 12, 2006

La actualidad en 2D

Filed under: vida cotiá - estrelaselimons @ 6:19 pm

Bueno… pois pasou. Un coche agardaba abaxio do meu portal con Fernando Berlín, e logo das presentacións fumos a polo terceiro en cuestión, un tal Javier que se supuña que eu tiña que coñecer. No coche, cruzando de punta a punta a cidade, falamos de todo un pouco e Javier comenta que o seu fillo administrou durante un tempo nodo50, é dicer, eu tíña que coñecelo… e tanto… Logo de facer a asociación de apelidos, tampouco debe haber tantos Sádaba… decateime que era o pai dun bó colega. En fin, cousas da vida.

No estudo, moi cutre, todo sexa dito, agardaban Paloma Aznar (Vampirella) e un deseñador de moda que non coñezo. Co tempo entraron duas Anas unha de comunicación de match.com e outra da asociación protégeles, moi boa xente e con ideas moi interesantes. Abaixo agardaba Lucía Echeverría, que seica ten un blog, pero non lle preguntei cal era. O mais curioso foi cando entrou Juanjo de la Iglesia que resultou ser o director do programa.

Eu senteime entre o público, ao igual que Ana - Protégeles, e desfrutei dun debate caótico e do documental no que finalmente só sae o wei Edgar Gómez, ainda que ten moita gracia… Helena Resano preguntoume sobre a deshumanización e eu falei de Barry Wellman e dos estudos que hai sobre os rapaces na sociedade da información… tentando lanzarlles argumentos aos do “ruedo” e tentando artellar un discurso coherente sobre a virtualidade, a copresencia e bla bla bla.

En fin, unha experiencia moi interesante, na que coñecín a xente moi peculiar… pero coido que tivese preferido saír en Enfoque con Joan :S. O resultado sairá o día 23 de Abril ás 23.00 na Sexta. Supoño que algúen o colgará en Youtube ou GoogleVideo… ai señor, a onde imos chegar.

April 10, 2006

Dias de Tele

Filed under: d'aquí pr'ala - estrelaselimons @ 5:21 pm

Pois resulta que logo de grabar un documental para unha productora que será emitido na Sexta, iremos mañá ata o plató a grabar o debate do programa chamado “La actualidad en 2-D”, que leva “Helena Resano, expresentadora do telexornal da primeira… e moza de moi bó ver, ao meu humilde criterio ;) . O documental está moi bem, ou polo menos sae xente ben interesante e moitos da familia, como Edgar, Joan, Nicole e un menda, aparte grabaronme na casa, cos chourizos de lugo ao fondo e contando algunha mítica historia da miña avoa antonia. Polo que sei, o documental+debate emitirase o próximo domingo ás 23.00 na Sexta.

Por outra banda, mañá, Joan vense ao directo de enfoque, que tratará sobre relacións interpersoais a través de redes telemáticas ou algo así… o tema promete, eu perante as presións da miña muller non irei contar intimidades ao programa este :( e tampouco me daba tempo a iren aos dous. Mágoa que a cámara fotográfica esté estropeada, porque seguro que podería facer algunha foto interesante… como interesante é o debate/polémica en barrapunto sobre a exclusiva utilización do galego en XuventudeGZNET… en fin, dame a risa ler algúns dos argumentos… agora que as cousas comezan a facerense bem ;)

April 7, 2006

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:36 pm

Eu convídovos a todos a tomar unhas cañas nun dos hoteles máis pijos, ao tempo que fermosos desta cidade. Seguro que lembrades as novas de fai uns meses… non sei cantos deseñadores para cada planta… en fin… se as habitación son así, os pinchos non poden estar mal.

Logo de varios meses de odisea, sae á luz por fin este libro no que están todos (ou case todos) os da A-List escrebendo sobre sí mesmos, digo sobre a blogosfera :P , e uns cantos que os observamos. Sen dúbida o capítulo de Adolfo Estalella é o mellor, ao meu criterio claro. Adolfo introduce unha morea de literatura que seguro que nin ti nin eu coñecíamos e avanza algunhas importantes reflexións do seu traballo analizando a “blogcosa”.

Eu, pola miña banda, escrebín con Gemma Ferreres un capítulo sobre o perfil blogger do que estou bastante satisfeito… e boteille unha man a Vicent a escreber un par de páxinas sobre o blogomillo. Polo de agora só está dispoñíbel o índice. Coido que o libro sairá en papel e en dixital cunha licenza Creative Commons… so… ¿vémonos?

April 6, 2006

O futuro do PC

Filed under: software social - estrelaselimons @ 11:11 am




Incríble… cáeme a baba ao mirar isto… as aplicacións son incríbeis… mais o vídeo fala por sí só.

April 4, 2006

Eu investigo, ti investigas, ela investiga

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:12 pm

Aquí ao meu lado, cruzando primeiro Bilbao, logo Malasaña e algo de Fuencarral, teño ao wei Edgar Gómez, que tamén ten blog. Pois bem, do mesmo xeito que a mín me dou polos blogs a él dalle polo Messenger. Edgar está a investigar a mensaxería instantánea para facer a súa tesina e apúntase ao campo online.

Como boa persoa que és, quizáis teñas un rato para pasarte polo seu cuestionario sobre o uso da mensaxería instantánea e botarlle uns minutos a respostar a enquisa / entrevista que deseñou con moito tino.

April 3, 2006

III Encuesta a Bloggers

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 4:30 pm

Si, a primeira enquisa bloggeiros vai dentro da III Enquisa a bloggers en lingua castelá/española. A metodoloxía neste caso foi máis complexa. Logo de discutir con Edgar Gómez, a xente de netquest e con xentes offline como Daniel Dominguez (entre outros moitos) chegamos á conclusión de que o único xeito de facer unha mostraxe fiable era unha aplicación da Lei de Zipf, buscando en Google e Technorati, determinadas palabras e seleccionando ao azar un número de blogs. A explicación máis ortodoxa é a seguinte:

Logo de buscar o mellor método para realizar unha mostraxe entre os blogs escritos en catalán, castelán e euskera, onde non existe un censo, e grazas á axuda dalgúns expertos en medición da blogosfera, atopamos un método máis ou menos fiable. Para seleccionar os blogs obxecto de estudo realizarase unha procura de determinadas palabras nun motor de procura (Google Blogsearch), seleccionando os seguintes casos para a mostra:

  • Palabra1: Caso1;(Caso1 9); (Caso2 9); (Caso3 9);etc
  • Palabra2: Caso1; (Caso1 7); (Caso2 7); (Caso3 7); etc
  • Palabra3: Caso1; (Caso1 5); (Caso2 5); (Caso3 5); etc

    As palabras nunha lingua/idioma seguen unha distribución exponencial, algo que se coñece como lei de Zipf e que é a versión aplicada á lingüística do que tamén se coñece como Distribución de Pareto ou long tail. Deste xeito, selecciónanse as palabras máis comúns en castelán para realizar a súa procura en diferentes horarios e días da semana en buscadores como Blogsearch de Google ou Technorati.

    Na primeira onda foron 1300 blogs, e pronto se lanzará a segunda onda con outros tantos. O mellor resultado será obter unha nova base de dados para investigar entre os blogs… pese a que visitar preto de 3000 blogs tenme un pouco tolo e sen moitas ganas de bloggear :P

    Disclaimer
    Nesta páxina non se publicarán os resultados da enquisa… esté é tan só o blog de quen coordinou a enquisa. Todos os resultados estarán publicados en diferentes lugares, entre eles Cibersociedad.

  • Cansanzo

    Filed under: Outros - estrelaselimons @ 3:45 pm

    Bueno, Obxectivo superado… xa rematamos a fase de recollida de datos da I Enquisa a Blogueiros Galegos que realizamos grazas ao censo que fixo Carlos Calidonia, que por certo, semella que tamén está canso… i é que comezar a primavera non é cousa doada.

    Bem, os resultados principais xa están case tirados por completo. Mais agardarei uns días ata o enblogs para comentar os datos… e coido que non serei o único que de datos fresquiños. Eu tentarei contextualizar aos blogs entre a emerxencia dunha ¿nova? etapa da rede que algúns chaman Web2.0… para logo analizar a blogosfera galega e comparar a súa configuración coa blogosfera ianquí e española, cos poucos datos que existen para ambas comunidades lingüisticas.

    En fin, estará bem o de compostela… e está moi bem mirar que o blogomillo tórnase un obxecto de estudo… :D

    Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here