Contos de estrelas e limons

April 3, 2006

III Encuesta a Bloggers

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 4:30 pm

Si, a primeira enquisa bloggeiros vai dentro da III Enquisa a bloggers en lingua castelá/española. A metodoloxía neste caso foi máis complexa. Logo de discutir con Edgar Gómez, a xente de netquest e con xentes offline como Daniel Dominguez (entre outros moitos) chegamos á conclusión de que o único xeito de facer unha mostraxe fiable era unha aplicación da Lei de Zipf, buscando en Google e Technorati, determinadas palabras e seleccionando ao azar un número de blogs. A explicación máis ortodoxa é a seguinte:

Logo de buscar o mellor método para realizar unha mostraxe entre os blogs escritos en catalán, castelán e euskera, onde non existe un censo, e grazas á axuda dalgúns expertos en medición da blogosfera, atopamos un método máis ou menos fiable. Para seleccionar os blogs obxecto de estudo realizarase unha procura de determinadas palabras nun motor de procura (Google Blogsearch), seleccionando os seguintes casos para a mostra:

  • Palabra1: Caso1;(Caso1 9); (Caso2 9); (Caso3 9);etc
  • Palabra2: Caso1; (Caso1 7); (Caso2 7); (Caso3 7); etc
  • Palabra3: Caso1; (Caso1 5); (Caso2 5); (Caso3 5); etc

    As palabras nunha lingua/idioma seguen unha distribución exponencial, algo que se coñece como lei de Zipf e que é a versión aplicada á lingüística do que tamén se coñece como Distribución de Pareto ou long tail. Deste xeito, selecciónanse as palabras máis comúns en castelán para realizar a súa procura en diferentes horarios e días da semana en buscadores como Blogsearch de Google ou Technorati.

    Na primeira onda foron 1300 blogs, e pronto se lanzará a segunda onda con outros tantos. O mellor resultado será obter unha nova base de dados para investigar entre os blogs… pese a que visitar preto de 3000 blogs tenme un pouco tolo e sen moitas ganas de bloggear :P

    Disclaimer
    Nesta páxina non se publicarán os resultados da enquisa… esté é tan só o blog de quen coordinou a enquisa. Todos os resultados estarán publicados en diferentes lugares, entre eles Cibersociedad.

  • 2 Comments »

    The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2006/04/03/iii-encuesta-a-bloggers-2/trackback/

    1. Lei de Zipf, lei de Zipf…

      Isto lémbrame aquel home que dicía: 40 anos falando en prosa e eu sen sabelo… ;-)

      Comment by Calidonia — April 4, 2006 @ 4:06 pm

    2. Hola, si necesitas ayuda para la III Encuesta de Blogs no dudes en decírmelo. Un saludo
      Claudio

      Comment by Claudio — April 10, 2006 @ 10:18 pm

    RSS feed for comments on this post.

    Leave a comment

    Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


    Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here