La actualidad en 2D
Bueno… pois pasou. Un coche agardaba abaxio do meu portal con Fernando Berlín, e logo das presentacións fumos a polo terceiro en cuestión, un tal Javier que se supuña que eu tiña que coñecer. No coche, cruzando de punta a punta a cidade, falamos de todo un pouco e Javier comenta que o seu fillo administrou durante un tempo nodo50, é dicer, eu tíña que coñecelo… e tanto… Logo de facer a asociación de apelidos, tampouco debe haber tantos Sádaba… decateime que era o pai dun bó colega. En fin, cousas da vida.
No estudo, moi cutre, todo sexa dito, agardaban Paloma Aznar (Vampirella) e un deseñador de moda que non coñezo. Co tempo entraron duas Anas unha de comunicación de match.com e outra da asociación protégeles, moi boa xente e con ideas moi interesantes. Abaixo agardaba Lucía Echeverría, que seica ten un blog, pero non lle preguntei cal era. O mais curioso foi cando entrou Juanjo de la Iglesia que resultou ser o director do programa.
Eu senteime entre o público, ao igual que Ana - Protégeles, e desfrutei dun debate caótico e do documental no que finalmente só sae o wei Edgar Gómez, ainda que ten moita gracia… Helena Resano preguntoume sobre a deshumanización e eu falei de Barry Wellman e dos estudos que hai sobre os rapaces na sociedade da información… tentando lanzarlles argumentos aos do “ruedo” e tentando artellar un discurso coherente sobre a virtualidade, a copresencia e bla bla bla.
En fin, unha experiencia moi interesante, na que coñecín a xente moi peculiar… pero coido que tivese preferido saír en Enfoque con Joan :S. O resultado sairá o día 23 de Abril ás 23.00 na Sexta. Supoño que algúen o colgará en Youtube ou GoogleVideo… ai señor, a onde imos chegar.


