Contos de estrelas e limons

April 25, 2006

Flash Mobs!

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:28 pm

Vía Carlos Guadian, lembro unha fermosa práctica social, ás flash mobs… algo que Howard Rheingold estudou d’abondo, e que dende uns anos, pouco a pouco parece que vai calando na nosa sociedade. Non me imaxino aínda unha flash mob na plaza do meu povo… na banda do río de Bueu, pero tampouco teño moi claro que isto implique algo en concreto… máis aló do valor que ten a diversión ou a emerxencia de novos xeitos de organización social… ¿xerarquizada? ¿con que estatus?

A diversión é algo fundamental. Lembro que cando lín os textos de Rheingold alucinei un pouco coas cousas que relataba. Xogos de Guerrilla nas cidades, seguemento de famosos vía móbiles e unha morea de expresións de dúas pautas sociais: a diversión (o ocio) como “driver” e a “ubicuidade” como pauta social. Ás derivacións de ámbas son incríbeis, e posiblemente o futuro (noso, os japos e koreanos xa andan por eí) teña moito que ver con estes dous conceptos… e esta non é cuestión pequena, porque as implicacións para empresas como R son cruciais. Se os rumores dín que as “grandes” están como tolas replantexando os novos escenarios que a Converxencia (Apelídese Dixital ou Tecnolóxica), non me creo que R esté tranquila nin que non esté artellando o xeito de saltar cara adiante.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2006/04/25/flash-mobs/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here