Contos de estrelas e limons

May 26, 2006

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:15 am


Hoxe tocaba ir de paseo. Son estes días de presentacións por todos lados. Logo da de Suso de Toro, hai unha morea de cousas interesantes na feira do libro, por onde haberá que pasarse a pasear un ratiño… xa que eu nunca fun. Tocou o martes presentación en Telefónica, EOI e IE, e a ningunha delas puiden ir.

Nembargantes hoxe animeime a deixar un rato o traballo e pasear ata a Cidade Universitaria, cara a EOI, onde a Fundación FranceTelecom presentaba un informe da súa colección “Referencias” sobre telefonía móbil, un eido que vai estar moi movidiño nos vindeiros meses. O mellor do acto foi escoitar e mirar a Jordi Guillot, que é de ICV e presidente da comisión da Sociedade da Información e do Coñecemento. Déixovos uns vidios coa súa intervención, que foi do máis política, no mellor sentido do termo, e moi clariña coa situación real da sociedade da información no estado.

May 22, 2006

Tu, yo y…

Filed under: Cinema - estrelaselimons @ 10:35 am

Vou moi retrasado na visualización ou consumo dos últimos filmes… teño por ahí unha escolma das cousas que comenta pawley, de dirigido e da selección de filmes con algunha temática tecnolóxica que pasa pola lista de correos da AOiR… unha escolma que non deixa de medrar ata o punto de saturar os meus escasísismos 40Gb de disco duro.

Para comezar a ventilar… escollo “Tu, yo y todos los demás“, filme que recomendan na citada lista da AOiR pola súa vinculación ao Chat, aos contidos perniciosos e ao xeito no que se trasladan as relacións virtuais ao “Mundo Real”. A película en sí non me gustou excesivamente… moi pastelona por moito Sundance dese que leve detrás. Fáltalle ritmo ás máis das veces, é para que un fan declarado de Angelopoulos se atreva a dicir que a un filme lle falta ritmo xa ten que ir moi mal a cousa. Lémbrame ao humor ácido de Happiness/Todd Solondz e ao cinema “preciosista/lavidaesdecolorderosa”/Amelie, en definitiva, non me convence.

Iso sí… a relación coa tecnoloxía é boísima. Estou a ver o xeito de extraer algúns clips de video para empregar en talleres. Non só polo pernicioso (e case central no argumento/estructura da pelicula) do desvarío do rapaz coas tics e o seu cagar de ida e volta (un concepto moi elaborado, todo sexa dito), senón polo Arte Dixital e a súa “etereidade” (?), o paso da “virtualidade” á presenza física, o cibersexo, etc. Temas que son tratados de forma moi pouco traballada (ao meu criterio), pero sen perder efectividade.

[Intres especialmente interesantes para tecno-frikis: [21:00/24:00][28:10] [48:12/48:50] [ 49:20 / 51:45] [60:08] [75:00]]

May 19, 2006

Finiquitada a I Enquisa a Blogueir@s Galeg@s

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 3:30 pm

Pois xa está. Acabóuse. Logo duns meses de moooito traballo, de discutir moito con uns e outros, sae a luz o primeiro paso desta fase da Enquisa a Bloggers, a enquisa galega. Publicamos os datos en SPSS para que cada quén poida xogar con eles… e tamén un pequeno informe de investigación (unhas 25páxinas) no que se analizan as principáis variabeis… pero deixando a chancha suficiente para que aínda queden cousas por tirar.

Dicer que foi toda unha experienza, tanto no eido da investigación online (da man de Netquest) como no persoal. Somos todos uns frikis, certo, pero a tasa de resposta (75%) é incríbel para unha enquisa deste tipo, na que non existe ningunha remuneración/premio ou sorteo. Isto eu tomoo como un sinal máis do compromiso do blogomillo coa língua e co país.

Nas próximas semás tocará meterlle man aos datos da III Enquisa a blogueiros que escreben en castelán e comenzar o traballo de campo para a I Enquisa als blocs catalàs (?). E si… xa comezo a estar un pouco ata ahí dos blogs :P

En fin, agradeceránse moito comentarios, críticas, suxerencias, propostas, etc, que poidan enriquecer (ou non) próximas edicións do estudo.

May 18, 2006

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:07 pm


[fotos tm en Flickr]
Seica é a primeira vez na que un libro se presenta primeiro aos blogueiros que ao resto do mundo mundial, cando menos a súa traducción ao español, xa que o libro xa leva publicado uns días en galego. Bueno… a experiencia foi moi curiosa… como alguén comentou baixamos á “Caverna dixital”, ao baixo/zulo do Cafétanmonoestilopopisixty para escoitar a Suso. Falaron primeiro unha rapaza que logo souben que se chama María, introducindo ao autor, e logo Fernando Berlín (a quen coñecía da miña experiencia televisiva) fixo unha crónica persoal do libro e deu a palabra ao autor.

Suso dixo moitas cousas, grabei algúns videos e estrénome así no Youtube cando dicía algunhas cousas moi matizábeis. En xeral gustoume moito escoitalo falar, aínda que me da moita carraxe cando escoito a alguén con acento galego en castelán. En fin moitas historias sobre a Galiza, moitos recordos de conversas cos vellos e moita boa análise da situación política e social de Galiza, pero con “lugares comúns” para tódalas culturas. O único que podo dicer é que me entraron moitas ganas de ler o libro, iso sí, en galego creo que será mellor ;)

Por outra banda… unha pregunta recurrente foi o feito da presentación aos bloggueiros. As respostas foron difusas e moi ortodoxas… eu creo que é unha ferramenta de márketing incribel. Non creo nos blogueiros profesionais, nin nos blogs corporativos, nin en todos eses problemas que parecen solucionarse poñendo un blog. A gracia dos blogs é que racha a barralla coa que se concebía o intercambio de información. Hoxe, vale máis un post enxebre de astuasbalas ou de tantos outros que as novas dalgúns xornais… Porqué? pois porque os blogueiros son persoas moi concretas, moi activas, con moita rede social e moita capacidade de influencia en contextos nos que, por exemplo, se lé máis (esta é unha hipótese, conste en acta).

Dubido que nun futuro próximo vexamos a Saramago convocando aos bloggueiros antes que a Babelia ou Letras… a tanto aínda non chegamos nin, posibelmente, chegaremos. En todo caso… unha iniciativa interesante… parabems indios! Parabems Suso!

Cita con Suso

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 9:56 am

[Falta escreber unhas 3 follas para rematar cos blogs galegos, apuff]

Hoxe toca ir de cañas con blogueiros. Convida Ugarte nun bareto ben pijo/neomoderno/queloflipas a unha presentación aos blogueiros dun (do) libro de Suso de Toro. Xa estiven fai uns meses, en Novembro creo, con Adolfo e Pepe parindo proxectos... e o sitio non está mal… aínda que para sitios pijos prefiro o Guianrossi a onde levei ás miñas balas, que cando menos ten wifi de balde.

Vou porque me gusta Suso. Teño unha sinatura súa no meu desgastado “Polaroid”. As apoteoses no churrasco, Ese xerxe é cheleseme, e tí como te chamas? son relatos cos que pasei moito tempo na miña adolescencia… e bueno, aínda que non lín moito do Suso/mediático teño curiosidade por miralo, por botar unha parrafada en galego nun barrio moi castizo da city. Se andades por eiquí, veña, apuntádevos!! Convidados estades!

[Suso tamén se chamaba o xefe de estudos do meu instituto. ¡¡Cantas visitas a ese bó home!!, foron moitas as broncas, expulsións e demáis que saíron deses sabios beizos :P ]

May 17, 2006

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 8:05 am

Estou ben seguro que esta nova pasará un tanto desapercibida hoxe, con tanto bla bla bla. O certo é que sonvos ben pouco amigo de “días”, aínda que recoñezo a súa suposta importancia… eu súbome ao carro e nun fermoso concello damos un taller sobre as posibilidades que as ferramentas da Web 2.0 ten para a xente de a pé. É un primeiro test do que explicaremos en Logroño este verán e comeza cunha deconstrucción do concepto de Web 2.0… sí, eu tamén creo que os rapaces e a xente que se pasen pola plaza do povo vanse aburrir un pouco.

Por outra banda, xa van dúas veces que non estou d’acordo con Eva… en dous post seguidos. A mín si me gusta o concepto de “Cidade Singular”, gústame que desapareza o “dixital” do nome… que non pintaba nada. Gústame porque supón que as tecnoloxías non o son todo, porque o apelido non implica, neste caso, nada extraño. Ultimamente veño pensando no proceso de “desaparición” da tecnoloxía. A ubicuidade supón a desaparición do concepto de Internet, que se dilúe no todo. Lembro cando facendo uns grupos de discusións os rapaces deixaban de pensar no Messenger ou no correo como “Internet”, para eles Internet é Google, pero non todas as ferramentas “de escritorio” que sincronizan coa rede. Wellman prevía isto xa fai uns anos, como tantas outras cousas. E nos sen aprender a lección, sen decatarnos que o ciberespazo morreu, que a tecnoloxía non serve sen sociedade (usuarios) e, sobre todo, que Elvis está vivo!

May 14, 2006

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:28 am


Hoxe, dando un paseo logo de comer, batín unha rúa cun nome que se sonaba moito. Xa escoitara falar dela aos repartidores do Super, e só tiven que dar un par de voltas polo Barrio para topala. É unha rúa pequerrechiña, dunha soa dirección, sen nada especial, sen nengún encanto que a situe nos rueiros dos turistas… ou no quefacer diario, aparte dunha oficina de MRW. Había uns tipos ao final da rúa cantando sevillanas con moito xeito para ser as 5 da tarde e unha igrexa ao fondo… gústame o simbolismo, coido que modificarei os meus itinerarios para pasar máis por esta rúa :D

May 10, 2006

saúde mental

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:05 pm

Cando un está traballando sobre dous ficheiros de enquisas de blogs, lendo sobre blogs, escrebendo sobre blogs e pensando en blogs… o feito de manter un blog é algo así como unha esquizofrenia. Espero que o lector deste blog, de habelo, saiba desculpar iso que se deu en chamar low blogging. Non vou de vacacións, nin teño poderosas razóns… máis aló da miña saúde mental ;)

May 3, 2006

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:44 pm

Incógnita descuberta. Logo de un par de meses de pesquixas, suposicións, rumores e demáis, sixelo ve a luz, aínda que a opacidade volta ser unha das súas principais características. Ninguén detrás, nin un nome, nin unha imaxe, grupo ou similar… ¿De quén virán sendo? Pregunteino moito no Enblogs, e nadie me soubo dar unha resposta fiábel.

Independentemente do “producto”, a estratexia que emprega é moi pouco axeitada para esta “era”, pese a que “agregan blogs”, non se decatan da lóxica que está detrás deles… como tampouco o facía a xente da blogoteca, ou como creo que tampouco o fai Fon. A transparencia é unha clave fundamental, e o contrario pode levar ao cabreo xeral e a tirar pedras sobre o propio tellado da empresa.

Sinxelo.com, eu apostei por unha empresa tipo dicelared, e por agora (e insisto no de “por agora”) non gaño a porra. Qué será “o próximo”?

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here