Contos de estrelas e limons

May 17, 2006

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 8:05 am

Estou ben seguro que esta nova pasará un tanto desapercibida hoxe, con tanto bla bla bla. O certo é que sonvos ben pouco amigo de “días”, aínda que recoñezo a súa suposta importancia… eu súbome ao carro e nun fermoso concello damos un taller sobre as posibilidades que as ferramentas da Web 2.0 ten para a xente de a pé. É un primeiro test do que explicaremos en Logroño este verán e comeza cunha deconstrucción do concepto de Web 2.0… sí, eu tamén creo que os rapaces e a xente que se pasen pola plaza do povo vanse aburrir un pouco.

Por outra banda, xa van dúas veces que non estou d’acordo con Eva… en dous post seguidos. A mín si me gusta o concepto de “Cidade Singular”, gústame que desapareza o “dixital” do nome… que non pintaba nada. Gústame porque supón que as tecnoloxías non o son todo, porque o apelido non implica, neste caso, nada extraño. Ultimamente veño pensando no proceso de “desaparición” da tecnoloxía. A ubicuidade supón a desaparición do concepto de Internet, que se dilúe no todo. Lembro cando facendo uns grupos de discusións os rapaces deixaban de pensar no Messenger ou no correo como “Internet”, para eles Internet é Google, pero non todas as ferramentas “de escritorio” que sincronizan coa rede. Wellman prevía isto xa fai uns anos, como tantas outras cousas. E nos sen aprender a lección, sen decatarnos que o ciberespazo morreu, que a tecnoloxía non serve sen sociedade (usuarios) e, sobre todo, que Elvis está vivo!

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2006/05/17/86/trackback/

  1. Ola! Xenial que non estes dacordo comigo e, en resposta ó texto, tócame contestar por alusión:

    En primeiro lugar, o termo ’singular’ pareceme moi vago e máis ben confuso e ambiguo. Tódalas cidades son singulares, o mesmo concepto de cidade inclúe o de singularidade. É unha tautoloxía.
    Non se trata dunha cuestión de gusto ou non gusto. Senón de precisión, de sentido. Iso de ‘cidades singulares’ poderíase aplicar á cascos históricos, á fabricación de coches, de tornillos, de tecnoloxía, ou de calquera outra cousa.
    E dubido que se hai un programa ben estudiado, traballado cuns obxectivos claros e precisos o único título que se lle poda poñer sexa ‘Cidades singulares’.

    Comment by Eva — May 18, 2006 @ 1:26 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here