[fotos tm en Flickr]
Seica é a primeira vez na que un libro se presenta primeiro aos blogueiros que ao resto do mundo mundial, cando menos a súa traducción ao español, xa que o libro xa leva publicado uns días en galego. Bueno… a experiencia foi moi curiosa… como alguén comentou baixamos á “Caverna dixital”, ao baixo/zulo do Cafétanmonoestilopopisixty para escoitar a Suso. Falaron primeiro unha rapaza que logo souben que se chama María, introducindo ao autor, e logo Fernando Berlín (a quen coñecía da miña experiencia televisiva) fixo unha crónica persoal do libro e deu a palabra ao autor.
Suso dixo moitas cousas, grabei algúns videos e estrénome así no Youtube cando dicía algunhas cousas moi matizábeis. En xeral gustoume moito escoitalo falar, aínda que me da moita carraxe cando escoito a alguén con acento galego en castelán. En fin moitas historias sobre a Galiza, moitos recordos de conversas cos vellos e moita boa análise da situación política e social de Galiza, pero con “lugares comúns” para tódalas culturas. O único que podo dicer é que me entraron moitas ganas de ler o libro, iso sí, en galego creo que será mellor
Por outra banda… unha pregunta recurrente foi o feito da presentación aos bloggueiros. As respostas foron difusas e moi ortodoxas… eu creo que é unha ferramenta de márketing incribel. Non creo nos blogueiros profesionais, nin nos blogs corporativos, nin en todos eses problemas que parecen solucionarse poñendo un blog. A gracia dos blogs é que racha a barralla coa que se concebía o intercambio de información. Hoxe, vale máis un post enxebre de astuasbalas ou de tantos outros que as novas dalgúns xornais… Porqué? pois porque os blogueiros son persoas moi concretas, moi activas, con moita rede social e moita capacidade de influencia en contextos nos que, por exemplo, se lé máis (esta é unha hipótese, conste en acta).
Dubido que nun futuro próximo vexamos a Saramago convocando aos bloggueiros antes que a Babelia ou Letras… a tanto aínda non chegamos nin, posibelmente, chegaremos. En todo caso… unha iniciativa interesante… parabems indios! Parabems Suso!



Presentación de “Home sen nome” ante os bloggers madrileños
Jo, e por que non nola presenta primeiro aos bloggers galegos???
Trackback by chuza.org — May 18, 2006 @ 11:49 pm
Muy bueno el vídeo.
Fer Berlin
Comment by Fernando Berlín — May 19, 2006 @ 9:17 am
Graziñas e parabems pra vos que fiziste um post magnifico!
Comment by David — May 19, 2006 @ 12:22 pm
Parabens por tuo travallo, Suso. A CNT te invita a escrever un artículo sobre anarquismo no periódico do sindicato. redaccion@periodicocnt.org. Moitas gracias e saúdos cordiais.
Comment by María — May 20, 2006 @ 3:18 pm