Finiquitada a I Enquisa a Blogueir@s Galeg@s
Pois xa está. Acabóuse. Logo duns meses de moooito traballo, de discutir moito con uns e outros, sae a luz o primeiro paso desta fase da Enquisa a Bloggers, a enquisa galega. Publicamos os datos en SPSS para que cada quén poida xogar con eles… e tamén un pequeno informe de investigación (unhas 25páxinas) no que se analizan as principáis variabeis… pero deixando a chancha suficiente para que aínda queden cousas por tirar.
Dicer que foi toda unha experienza, tanto no eido da investigación online (da man de Netquest) como no persoal. Somos todos uns frikis, certo, pero a tasa de resposta (75%) é incríbel para unha enquisa deste tipo, na que non existe ningunha remuneración/premio ou sorteo. Isto eu tomoo como un sinal máis do compromiso do blogomillo coa língua e co país.
Nas próximas semás tocará meterlle man aos datos da III Enquisa a blogueiros que escreben en castelán e comenzar o traballo de campo para a I Enquisa als blocs catalàs (?). E si… xa comezo a estar un pouco ata ahí dos blogs
En fin, agradeceránse moito comentarios, críticas, suxerencias, propostas, etc, que poidan enriquecer (ou non) próximas edicións do estudo.



Parabéns! Miraremola con calma para sacarlle sustancia ó informe e a enquisa.
Comparto o teu comentario: “xa comezo a estar un pouco ata ahí dos blogs” Deberíamos ir pensando en algo máis que en blogs.
Comment by Eva — May 20, 2006 @ 8:54 pm
Alguien me ha instado a que te lo diga y así lo hago: creo que deberíais tener en cuenta que no todos los bloggers gallegos escribimos en gallego, así que lo más correcto sería hablar de blogs en gallego, ya que parece que no contamos para nada que tenga que ver con blogs en Galicia.
Comment by Jam — May 21, 2006 @ 4:39 pm