Tu, yo y…
Vou moi retrasado na visualización ou consumo dos últimos filmes… teño por ahí unha escolma das cousas que comenta pawley, de dirigido e da selección de filmes con algunha temática tecnolóxica que pasa pola lista de correos da AOiR… unha escolma que non deixa de medrar ata o punto de saturar os meus escasísismos 40Gb de disco duro.
Para comezar a ventilar… escollo “Tu, yo y todos los demás“, filme que recomendan na citada lista da AOiR pola súa vinculación ao Chat, aos contidos perniciosos e ao xeito no que se trasladan as relacións virtuais ao “Mundo Real”. A película en sí non me gustou excesivamente… moi pastelona por moito Sundance dese que leve detrás. Fáltalle ritmo ás máis das veces, é para que un fan declarado de Angelopoulos se atreva a dicir que a un filme lle falta ritmo xa ten que ir moi mal a cousa. Lémbrame ao humor ácido de Happiness/Todd Solondz e ao cinema “preciosista/lavidaesdecolorderosa”/Amelie, en definitiva, non me convence.
Iso sí… a relación coa tecnoloxía é boísima. Estou a ver o xeito de extraer algúns clips de video para empregar en talleres. Non só polo pernicioso (e case central no argumento/estructura da pelicula) do desvarío do rapaz coas tics e o seu cagar de ida e volta (un concepto moi elaborado, todo sexa dito), senón polo Arte Dixital e a súa “etereidade” (?), o paso da “virtualidade” á presenza física, o cibersexo, etc. Temas que son tratados de forma moi pouco traballada (ao meu criterio), pero sen perder efectividade.
[Intres especialmente interesantes para tecno-frikis: [21:00/24:00][28:10] [48:12/48:50] [ 49:20 / 51:45] [60:08] [75:00]]



A min tampouco me interesou nadiña a peli de Miranda July.
Comment by Martin Pawley — May 23, 2006 @ 1:54 am