Contos de estrelas e limons

June 27, 2006

Christina faino outra vez

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 8:53 pm

Volve a facelo… volve a conseguir namorar con un disco redondo… no camiño cara a Bilbao, terra de homes fortes e duros, Christina madura nun disco fraxil con lembranzas a dylan, pero sobre todo ao Tom Waits de Mule Variations. Piano e cordas quebran unha tarde de domingo empregada en pasar do centralismo ao centro do… ¿industrialismo? Do calor abafante á poalleira dunha cidade verde e gris. Gústame bilbao!

June 26, 2006

mac ou pc

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 9:27 pm

[Isto é lowblogguing dese, e o demáis son ostias, con ou sen h]

Emmm… o meu benqueridiño Acer Aspire 1350 naceu no outono do ano 2003 nunha tenda de preto do xeral de vigo. Veu noviño, con 512 de ram e un Athlon deses a 1700. Serveu en multitude de frontes. Estivo en Compostela varias veces, foi a Ibiza un inverno, varios meses en Barcelona, Valencia, Córdoba, Madrid… e agora en Bilbao. Pórtase bem, nunca deu máis problema que estropearse a grabadora (algo que nunca me molestei en arranxar) e nunca me deu un só erro de windows.

Agora, dous anos e oito meses despóis, comezamos a pensar en pasalo á reserva. O pobre pesa moitísimo… a batería dura uns 15 minutos e quentase moito… moito moitísimo. En fin, xa que temos novo choio e novos retos por diante habería que ir penasando en ir mercando algo.

As opcións son moitas… pero queremos: algo bó, bonito (!!!), lixeiro e barato. ¿Quen cumple isto? Pois polo de agora teño tres opcións que me gusta.

HP ten unha serie moi retro, chula, por 1200€ un PC de 14′, 1024 de ram e un intel core duo T2400 2X 1,83 o cal non está mal.

Acer ten unha presciosidade de 12′, custa 1390, ten a 2048 de ram (!!!), o mesmo procesador que o anterior.

E logo está Apple, co seu macbook, de 13′, co mesmo procesador, pero con 512 de ram e sen grabadora de DVD (que non a preciso, todo sexa dito). O prezo sobre os 1060€,

¿Qué facer? Gústame o HP, o Accer é un pouco esaxerado, de prezo e de Ram… e Gústaríame probar o Mac… pero é se non me gusta logo.

ai ai ai

June 13, 2006

Internet cambiou a miña vida (Capítulo X)

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 5:52 pm

Vale, pois xa está. A cousa non foi dificil, entre un e outro, pois decántome polo outro. Nos próximos meses saturareime de facer estudos de mercado de todo tipo e condición para xente de todo Idem. E, claro, engado un novo hito á miña historia persoal coa rede… logo de tantas e tantas cousas, xa de domínio público… atopo traballo a través dun dos portais máis interesantes da rede.

E agora… ¿que? Pois toca pasar unhas semás en Bilbao… unha cidade que non teño o pracer de coñecer… e será, iso sí, logo de pasar correndo por Compostela para dar conta da cousa esa da Cidade da Cultura que eu, todo hai que dicilo, aínda non comprendo.

Mentres, no camiño, Moby (nome co que bautizamos ao rapaciño) irá reproducindo un a un os discos que teño que estudar para o Summercase, que ganas de festa de que chegue o verán e podermos bañar no mar…

Cambios laborais…

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 9:32 am

O blogomillo existe... Onte decídome pola garabata vermella seguindo o consello de Asca (q dí que denota a persoas creativas) e aprendo a facer un nó gracias ao consello de Pawley… agora ven unha toma de decisión un tanto máis complexa.

Telemil (nome cuasi ficticio) oferta un bo posto, coa palabra “jefe” no comezo… o cal non está nada mal. É unha boa empresa, con moitos empregados, son moi profesionais e demáis. Agora bem… inclúen no pack tarefa de “comercial” (a carteira de clientes), o cal non me gusta nada de nada. Por outra banda… están lonxe da casa, nas aforas e con mal transporte. Tería q coller o metro, logo un tren e logo camiñar… e non podería vir comer á casa. Logo… Perdería 2 horas ao día no transporte e segundo calculan algúns o prezo de mercado das miñas horas son 29€, é dicer, [10x29=290€/semana] + Comer fora.

Iquermil (nome cuasi ficticio) oferta un posto non tan bó. Non ten a palabra “jefe” no comezo… solo “técnico”. É unha empresa mediana… moi seria, abrindo oficina aquí… e sobre todo, son do norte, moi paternalistas e con un coidado excelente ao empregado. 15 pagas, 40 días de vacacións (agosto+10 días en semá santa] e todas as pontes. Pero o mellor de todo, está moi preto da casa, podería ir camiñando e vir a comer á casa…. e está no centro centro :D As “contras” son que me obrigan a iren un mes ou así a unha cidade do norte, que teño que levar uniforme e que creo que o soldo é un pouco menor ao igual que o posto.

En fin, a cuestión é ¿Cantidade ou Calidade? Polo de agora decántome pola calidade… a ver se sento un pouco a cabeza e podo adicarme tranquilamente ao meu jobi deses…

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here