Internet cambiou a miña vida (Capítulo X)
Vale, pois xa está. A cousa non foi dificil, entre un e outro, pois decántome polo outro. Nos próximos meses saturareime de facer estudos de mercado de todo tipo e condición para xente de todo Idem. E, claro, engado un novo hito á miña historia persoal coa rede… logo de tantas e tantas cousas, xa de domínio público… atopo traballo a través dun dos portais máis interesantes da rede.
E agora… ¿que? Pois toca pasar unhas semás en Bilbao… unha cidade que non teño o pracer de coñecer… e será, iso sí, logo de pasar correndo por Compostela para dar conta da cousa esa da Cidade da Cultura que eu, todo hai que dicilo, aínda non comprendo.
Mentres, no camiño, Moby (nome co que bautizamos ao rapaciño) irá reproducindo un a un os discos que teño que estudar para o Summercase, que ganas de festa de que chegue o verán e podermos bañar no mar…



Felicidades. Se acabó tu vida de Rodríguez.
El fin de semana estoy en Madrid, quedaré con Edgar. Podemos quedar los tres.
Comment by Adolfo Estalella — June 13, 2006 @ 6:20 pm
O blogomillo seguirá presente na túa vida!
Comment by Eva — June 22, 2006 @ 11:38 pm