Contos de estrelas e limons

July 31, 2006

verán

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 6:22 pm

Os días consúmense… os días consúmenme. Volto á Jran Siudá logo dunha tempada en Bilbado, unha cidade amable e amigable, manexable, cunha activa vida cultural e nun fermoso val. Sorprendeume a calidade de vida da Cidade, a xente pasea polas rúas as 7 da tarde coas mellores galas… moi tipo Coruña… pero ao chegar ás dez da noite, nas rúas non hai xente, nin nos bares Pese a todo, gústame Euskadi, é moi complexo comprender moitos procesos dende fora… fálase pouco de política, pero a xente vai (dín) máis tranquila pola rúa. Nembarganates, adoito cruzarme a horas cedas con persoas seguidas de cerca por unha parella de gardacostas, pero van (dín) máis tranquilos.

A fenda non é Dereitas-Esquerdas, ou Pseudodereita-Pseudoesquerda… a fenda e nacionalista-non nacionalista, i é unha fenda moi marcada. Écheme xa tan extrano un nacionalismo de dereitas, por moita Galeuska-e-variacións que se poñan de por medio!

Pero os días consúmense… i eu con eles, devezo por uns pementos de padrón ben salgados, por unha cunca de ribeiro fresca e por meter os pes na area mollada. Da igual a praia, da igual a tasca, da igual a compaña.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here