Vacacións
Por máis que me puxera a escreber como un tolo… creo que esta vez as imaxes sirven moito máis que mil palabras.
Por máis que me puxera a escreber como un tolo… creo que esta vez as imaxes sirven moito máis que mil palabras.

Logo dunha longa viaxe de varios meses sorprendo baixando cara a Vigo cunha extraña névoa na ría… conforme ímos achegando o cheiro a eucaliptus queimado substitúe á brisa que adoita invadir o coche cando cruzamos rande coas fiestras abertas… á excitación da chegada é substituída pola rabia primeiro, e logo pola tristura de ver as tomadas de Domaio e Moaña ardendo de xeito paseniño e constante. O corredor está ateigado de lapas, de fume que tapa o ceo, o sol… que o tapa todo.
O sábado esperto coas avionetas buscando auga preto da praia de Loira. O sabado, na praia, leo sobre eses libros que disque tan mal arden, mágoa que a súa materia prima arda a fume de carozo.

Na tribu dos Ferradanes, habitantes dunha aldea das Rias Baixas galegas, adóitase corta-la cabeza dos maniquís, facerlle un fermoso peinado e deixalos no medio dos repolos coma imaxe “viva” da Vixilancia e do Castigo que se pode impoñer a todo aquel can, gato ou paxaro que se achegue aos repolos novos.
Si, non dixen nada, pero alí estiven.
¿Qué pouca xente hai non? Chachi, colamos dous bocatas de paté (¿non había outra cousa?), tres botellas pequenas de auga sen tapón, que ían nos petos, galletitas salgadas (craso erro, dan sede!) e alá fomos. EEEEEiii, mira eses son os Dandy Warhols eses do anuncio ¿non quedamos?… pois vale, veña, imos coller sitio diante para Divine Comedy, se non hai ninguén!, Na valla mírase moito mellor, si. A violinista é a do DVD! son bastantes ¿non? eu creía que para o Wintercase viñera con moita menos xente. Ale, aí o tes (Xavi ten unha camisa parecida de zara)… mira por ahí vai esa… eu coñézoa, é de Montealto… Saca fotos para a MTV ou algo así, ten un blog e un fotolog… ELENAAAAAAAA… non nos escoita, grñfff… Esta tamén é do novo? Esta foi coa que saimos na Boda!! Bueno vale… e agora qué? imos dar unha volta e logo falamos… si, a ver que hai nas carpas esas… os happy mondays estes son famosos, eu escoitei un par de CDs seus e non estan mal, creo que é un de… LACHINAPATINO! Que guapa é! Na tele parece máis fea, a cara parece cuadriculada ¿non? así en directo non tanto… está sóa ¿non? Aquel é o de Radio Futura? O tipo ese dos Happy Mondays dame moita rabia, bueno os dous… o que canta ten pinta de pailán co gorro ese… a negra canta ben e o tipo ese que non fai nada… pois non fai nada. ¿lembras o concerto de Beck no metrorock? facían algo similar… pero con moito máis gusto… vale, vale, non se pode comparar a Beck con isto. Tes razón. A mín tamén me doen moito os xemelgos… supoño que da carreira… sae da oficina, busca un taxi, rompeseme o botón dos pantalóns, corre ao metro, equivócate de sentido… corre á estación, sube no autobús, traxecto Bilbado-Madrid e logo… pufff… menos mal que a túa nai tiña imperdíbeis para atar o pantalón… senón… xa… como non me van doer os xemelgos? Pero aínda así podo bailar cos Happy…. veña dalle!!! Porque dos New Order eses si que paso! Non non… é que eu quero ver aos Primal Scream diante, si, coma a Divine Comedy, se ti te pediches ese eu pídome este. Vale, non sei onde vai a xente que nos deixan otra vez pornos en primeira fila. Xa saen, un pouco pedos non? Mira están tocando moitas do último… si, moving on up!!! O tipo está postísimo… mira, date a Volta, está todo o mundo bailando coma tolos! Hai unha rapaza sen camiseta nen nada por ahí arriba. Que buenos son!!!! Creo que será dificil superar este concerto! Non podo máis menos mal que estivemos apoiados na barandilla esta, imos agora a por cervexa e a comer os bocatas… creo que hai unha carpa por haí para iso… si, perdémonos a eses rariños… eses son os dos cuarenta non? si… eses dos pianos, Keane… debe ser dificil a posta en escea… vale, quedamos un rato. Pse, non están mal… pero xa non podo máis. Os do outro lado son un pouco máis do mesmo ¿non? Que rabia, prefería ver aos Dandy Warhols eses… soan new wave desa… pero a estas alturas so podo escoitalos sentado… ¿prefires a keane? Vale… pero eu voume ir apagando polo camiño… country girl… country girl… creo que a vou por de melodía no móvil. ¿Sentámonos a mirar “pintas”? Vaites! eu non penso conducir! apaga a luz, por favor, e deixamos as ventás abertas a ver se fai algo de corrente ¿non? O veciño creo que estaba alí, si… mañán, mañán…
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here