A miña primeira vez
Hoxe pasoume por primeira vez. Nunha reunión de traballo (por chamalo dalgún xeito) un dos dous blogueiros insignes cos que falaba que non me coñecía de nada puxo enriba da mesa o meu blog. Xa sabedes que dende hai tempo os de recursos humanos (ejem) están a empregar os blogs como unha ferramenta máis para avaliar ao candidato: hoxe foi a miña primeira vez, e teño que dicer que non me gustou.
Pero non só iso, hoxe unha das mentes máis billantes que coñezo desordena conciencias nun brillante post, chapeâu Mario…


