Contos de estrelas e limons

November 7, 2006

Un parto

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:58 pm

Hoxe, no medio da voráxine de táboas estatísticas, regresións múltiples e simples, antes de entrar a un grupo de discusión e mentres as datas de entrega caían unha tras outra, conformando un panorama tan desolador que nin a receta dos últimos meses facía efecto… hoxe, tento contar, veu a luz un parto tan longo e complexo que trouxo un sorriso aos beizos e unha morea de bós recordos, porque aos malos deixeinos enterrados xusto antes de entregar o meu exportatil e a miña extarxeta 3G un 5 de Xaneiro deste ano.

Naceu sen facer moito ruído, tal vez non no mellor intre e tal vez non nas mellores condicións. Pero naceu. Detrás dese ladrillo hai catro persoas as que teño en moita estima: un pensouna e apostou polo concepto, duas escreberon e escreberon e escreberon… e unha última logrou construír un dos informes máis fermosos (esteticamente) que mirei nos últimos tempos… e non miro poucos.

Se tendes un rato, facede o favor de baixar e imprimir o documento e… a ver se atopades unha clara pegada que ocupa de forma explícita dez páxinas, se bem é algo transversal ao estudo… Leo e descubro que me gusta o que leo, o que escrebemos, o que pelexamos.

Hoxe, en definitiva, saíu o ICD - Informe da Converxencia Dixital, un informe que ao que deberías adicar unha lectura máis ou menos detida… sei que a tí non te provocará o meu sorriso (á unha que eu me sei só lle entra sono), pero estou seguro de que algo provocará.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here