It’ll soon shake your windows
Pois, entre unhas cousas e outras van pasando os meses sumido nun interminábel pico de traballo que fai que de vez en cando gripe o feble organismo co que estamos feitos. Hoxe, por primeira vez en tanto tempo que nin son capaz de ubicalo, saio á miña hora, chego a casa sen choio e sen moito que facer… aproveito para ver as fotos que certifican que todonada is not dead e curioseo aquí e alá, nada sen saber moi bem que facer… hai aparellos que teñen demasiado pó, e hai páxinas… demasiadas páxinas (que alguén lle lembre a este home a capacidade de síntese) por pasar.
Hoxe lín onde Merelo sobre a condición humá de “estar líado“. Canta razón ten, calquera diría que JJ é filósofo. No meu entorno percebo como todo vai moi depresa. Un día firmando as follas de gastos tropezas cun indefinido… e firmas sen que estouren foguetes por ningún lado, sen que ninguén se decate e sen contarllo a ninguén en especial… como tampouco conto que merquei un par de bós libros e estou na busca dunha boa librería que importe libros do estranxeiro… porque os de amazon non gostan das tarxetas galegas.
Percebo que pronto haberá cambios, /taims ar chanjin mai friend/
It’ll soon shake your windows
And rattle your walls
For the times they are a-changin’.


