compras online
Non sei quen fala mal das compras electrónicas. Logo de darlle moitas voltas e consultar ás persoas que teño cerca que saben do tema… decidín mercar unha cámara xeitoxiña, unha “bridge”, que combina o mellor das cámaras compactas co mellor das cámaras grandes… sobre todo por un fermoso obxectivo de 10X. Alá fun eu a unha moi boa tenda electrónica que despacha rapido rápido… tan rápido que en vez da FUJI FINEPRIX 5600 que paguei me mandaron unha pequerrecha Canon 850IS cun xeitoso pack que inclúe unha tarxeta dun xiga, funda, batería de recambio, cargador de batería, etc. A diferencia no prezo é notabel (podería mercar duas Fuji) e estou desconcertado. Gústame a pequerrecha canon, que segue as indicacións que o wei me deu… pequena, compacta e boa… non hai que cargar con ela, non hai que levala nunha bolsa específica, non hai que facer máis que metela no peto… mais nembargantes gostaba da camara grande cun bó obxectivo… ¿Qué fago?
Polo de pronto estamos a tentar poñernos en contacto coa tenda, para saber que raios pasou… cecais alguén no mundo ande cunha Fuji no lugar dunha Canon… pero o servizo de atención ao cliente é tan lamentábel como o de distribución. Mercar na rede as veces ten sorpresas… neste caso creo, e só creo, agradábel.



Yo llamaría tres veces para hacer el trámite, y si no me hacen caso, lo lamentaría, pero me quedaría con ella.
En cualquier caso, si en menos de una semana no me llega la otra, comenzaría a usar esta.
Por cierto, yo tengo una IXUS desde hace algo más de un año, pero es el modelo 50, claro, no el 850, aunque en su momento me salió también por un pico.
Comment by Adolfo Estalella — December 28, 2006 @ 10:52 am