mudando o ano

Remato o ano co meu primeiro post escrito dende o novo cacharro, que chega ás miñas mans moito máis tarde do desexado e seguindo os consellos do Manolo Gago. aínda que teño que admitir que tentei, primeiro, facerme cun Mac, pero as dificultades para obter unha factura fixeron que Sony (con quen calquera autónomo da UE pode mercar sen ive) e a súa tenda online se convertisen nos meus proveedores. Chegou ás miñas mans cun maravilloso kUbuntu ao que me estou tentando afacer e supón a terceira xeración de portátiles que pasan polas miñas máns. Xubílase así o vello Acer, tras máis de tres anos de moita moita tralla, moitas viaxes, moitas horas prendido… é dicer, deixa o listón ben alto para este bichiño pequeno dende o que escrebo.
Pero un non pode rematar o ano sen mirar deica adiante, 365 días para encher con fermosos proxectos en múltiples frontes e, se Deus quer, que non fallen (desta vez) nin as forzas nin a saúde. Estes serán dous bos anceios para este novo ano, para chocar as copas de Mencía e Albariño.



Qué modelo de portátil é ese que ven cunha KUbuntu preinstalada?.
Comment by makeijan — January 4, 2007 @ 11:08 pm
jajaja, pois é un Vaio C1 normaliño… que parou entre a tenda e a casa nun sitio que instalan cousas así
Comment by Administrator — January 5, 2007 @ 12:43 pm