Contos de estrelas e limons

January 1, 2007

Outra escola é posíbel

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 11:27 pm

Fai uns anos, mentres comezaba o meu doutoramento, tiven a sorte de ter a Rafa Feito como mestre e absorvín todo o que puiden do seu peculiar xeito de ollar a realidade social e o ensino. Participei botándolle unha man nunha investigación coa que tropezo na casa do libro e da que non tiña noticia da súa publicación.

O título é un pouco manido, certo, tal vez ata pretencioso, pero non son eu de títulos, senón do que esconden. Teño que dicer que gosto moito do xeito de narrar e de falar de Feito, nótase que tivo vida fora da academia e nótase que estivo e está implicado en movementos que tratan de transformar a realidade (é dicer, a pé de trincheira)…. e isto é algo que se agradece especialmente á hora de ler de temas tan complicados coma a educación.

A educación democrática (que deriva das “escolas democráticas”) é un dos temas mais interesantes que aborda o libro, pese a que o máis interesante, para mín, son as análises de casos. O autor entra na escola, nas aulas e realiza unha sorte de observacións dentro do aula, ese lugar tan sagrado e pechado, onde ninguén sabe (na meirande parte dos casos) o qué pasa. A análise da praxe dalgo tan complexo como unha “escola democrática” paga a pena ser lido con moito tino.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2007/01/01/outra-escola-e-posibel/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here