Contos de estrelas e limons

February 28, 2007

däs Tecno-Agobios

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 8:32 am

Fai uns días preguntáronme sobre o agobio tecnolóxico… e esta foi (máis ou menos) a miña resposta.

Eu tamén percibo nas investigacións que a xente está un pouco saturada da innovación tecnolóxica. Non coñezo o estudo de Weber… pero non me estraña para nada que o 75% dos europeos consideren que a velocidade de cambio e innovación tecnolóxica é superior ao que poden asimilar, tamén sabemos que é moi pouca a xente que utiliza ao 100% os dispositivos tecnolóxicos, pero non creo (polo menos eu non teño datos nin indicios) que se poida dicir que haxa unha relación de causa efecto. É máis, o que nos din os datos é que cada vez gastamos máis (Red.es) e cada vez usamos máis (CMT) os dispositivos tecnolóxicos…

O sector está moi acelerado, iso é unha realidade obxectiva e calquera estatística pódeo confirmar (número de dispositivos fabricados, número de patentes sobre temas vinculados ás TIC). Así, lánzanse ao mercado un número crecente de novos dispositivos ou variacións de dispositivos existentes que “fan máis cousas e fanas moito mellor”, ou aplicacións que se atopan na mesma situación (Windows Vista), o mercado, en definitiva, ao seu: Innovar e lanzar. Pero á hora da verdade, non todas estas tecnoloxías atopan o respaldo dos consumidores. Sen ningunha dúbida un dos principais inhibidores ao desarollo de dispositivos como a banda ancha ou o teléfono móbil foi o descoñecemento, os sectores máis “conservadores” da sociedade, nun escenario no que non se sabía todo o que eles creían precisar para comprar un acceso á rede ou un teléfono móbil , tardaron en adoptar determinadas tecnoloxías. Agora, este colectivo social atópase nunha situación na que o descoñecemento hase sustituído pola “saturación” (gústame máis esta metáfora que a “angustia”) e pola falta de percepción de beneficio para adoptar novos dispositivos, novas tecnoloxías.

Doutra banda, o centro da converxencia é ese: o sector traballa, propón e o usuario acepta ou rexeita liñas de converxencia (vale, moi simplificado, pero este é un dos vectores de converxencia).

Fai uns anos, a comezos do século, nalgúns estudos de fose (ingleses e americanos) comezábanse a identificar, no contexto da “Banda Larga”, o que denominaban “outsiders”: usuarios que utilizaban as TIC, en xeral, e Internet en concreto e que por motivos X decidían deixar de empregar as TIC e abandonaban a súa conexión a Internet. O principal motivo para deixar de lado todo o vencellado á tecnoloxía por este colectivo era a falta de percepción de beneficio no uso das TIC así como certo grado de saturación (os autores empregaban un término que se pode traducir como “empacho”) na cantidade de tecnoloxía coa que lles bombardeaba o mercado. Sorprendentemente (ou non tanto) esta porcentaxe, creo recordar, era dun 7%, moi similar ao 8% do estudo de Weber.

En definitiva, se creo que a oferta está chegando a saturar ao mercado e, posiblemente, isto suceda nalgúns sectores: o que pasou coas Videoconsolas fai cousa dun ano: a chegada dunha “nova xeración” de videoconsolas era percibida polos usuarios cos anuncios de Sony, Nintendo, etc… isto inhibiu a demanda da segunda xeración (PS2 et al). Unha vez lanzáronse ao mercado algunhas das novas consolas, non todos os consumidores foron a por elas, porque saben que hai un tempo de adaptación, de fabricación e disponibilidade de xogos, de hackeo do equipo para que acepte xogos piratas, etc. Estas eran as razóns argumentadas polos consumidores máis novos nun estudo que realizamos fai uns meses sobre videoxogos. É dicir, o mercado madura e non se lanza de cabeza a por a tecnoloxía, (salvo que sexa Apple quen a fabrica, claro), se a isto se lle engade un certo cansazo pola saturación de lanzamentos de dispositivos e aplicacións tecnolóxicas pois teremos algunhas consecuencias no consumo. Valentín Bote (Enter -IE, Ex compañeiro meu) traballou algo estes temas, creo que se chaman “prezos hedónicos”.

Para explicar isto, a diferente penetración da tecnoloxía na sociedade, un investigador deseñou unha curva que en investigación de mercado empregamos moito… a curva do ciclo de adopción tecnolóxica. A cuestión é que a maior parte de innovacións e lanzamentos tecnolóxicos quédanse (cada vez máis) nos grupos de desarrolladores (os propios fabricantes) e os Early Adopters (aqueles que adoptan e utilizan a tecnoloxía porque si, porque lles gusta estár á última de todo, Enrique Dans podería ser un bo exemplo)… pero ante a saturación dos consumidores cada vez menos tecnoloxías pasarán o que este investigador (Moore) chamaba “Abismo”.

February 26, 2007

Migracións e Etnografía

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:37 pm

Hai proxectos moi moi interesantes que rondan a/na rede (si, unha obviedade como unha catedral). Tropezo de casualidade coa investigación dunha antropóloga chamada María Clara Gómez, dona de Peter Van Dijck, que leva a cabo o Colombia Migration Project, un proxecto etnográfico que trata de comprender os procesos migratorios colombianos dende dentro. Ao cotillear sorpréndome co uso das TIC por parte desa xente tan rara que coñecemos como antropólogos… e do fermoso que é escoitar falar á xente.

the long winters na caixa da música

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:06 am

Non entendín ate que sentei na miña cadeira, que era un concerto para nenos. No ciclo de concertos para menores da casa encencida programaron un acústico desta xente, a un prezo de dun euriño calquera quedaba na casa, pese ao extrano da hora (12.00), pero claro, os “menores” teñen outros horarios.

nun acústico é onde a xogan… e amosaron que teñen repertorio, que teñen ganas, actitude e que o fan máis que bem. Sorprendeu a sua accesibilidade, a cercanía ao público (aceptando peticións) e o bó rollo que amosaron ante un ateigado auditorio da Casa Prendida. O seattle sound rocks on!!! ;)

February 23, 2007

Solidariedade cos investigadores de Ciencias Sociais represariados

Filed under: vida cotiá, politica - estrelaselimons @ 10:21 am

Hai xente á que lle pasa moitas cousas, si… xa sabes, xente que vive auténticas vidas líquidas (signifique o que signifique isto). Nos últimos tempos desfruto coas andanzas do tandem de inmigrantes mexicano-extremeño de investigación social (na que, por certo, tamén son inmigrantes procedentes da comunicación e ciencias “duras”) que se constitúe na élite investigadora da CMC. Realmente poderían escreber unha novela postmoderna de cabalerías i é que a vida do investigador é así de dura. Poden pasar todo o día de carallada, desfrutando do que fan… pero de vez en cando pasan cousas desagradábeis cos de verde, como antes pasaba cos de gris, azul, milicos, ou chámelle un como queira.

Hai golpes que doen, pero tamén doe a inxustiza e a discriminación. Esta vez era un ser humano que, posiblemente neutralizase a súa nacionalidade coa súa profesión pero… cantas tardes, cantas noites non pasan cousas similares que non nos doen tanto porque non compartimos chelas co afectado, ou coa afectada. Remata o fermoso poema que escolle Elisenda:


Vosotros, que surgiréis del marasmo
en el que nosotros nos hemos hundido,
cuando habléis de nuestras debilidades,
pensad también en los tiempos sombríos
de los que os habéis escapado.

Cambiábamos de país como de zapatos
a través de las guerras de clases, y nos desesperábamos
donde sólo había injusticia y nadie se alzaba contra ella.
Y, sin embargo, sabíamos
que también el odio contra la bajeza
desfigura la cara.
También la ira contra la injusticia
pone ronca la voz. Desgraciadamente, nosotros,
que queríamos preparar el camino para la amabilidad
no pudimos ser amables.
Pero vosotros, cuando lleguen los tiempos
en que el hombre sea amigo del hombre,
pensad en nosotros
con indulgencia. “

February 21, 2007

Second Life

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 4:37 pm

Que manía con economizar todos os intanxíbeis… que manía co control de tódolos espazos. Control e economía… o que move as nosas primeiras e segundas vidas.

February 19, 2007

Etnografías virtuais (II)

Filed under: Análise, Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 4:49 pm

Fai uns meses falamos sobre isto: etnografía virtual aplicada na Investigación de mercados. Nestes meses mudaron algunhas cousas. The Cocktail Análisis, unha ¿spin-off? de The Cocktail (unha das empresas de programación e desenvolvemento de aplicacións de software con máis sona do Centro) comeza a facer estudos ¿etnográficos? en Second Life… se isto non é Etnografía Virtual aplicada á investigación de mercados que veña Hine e mo explique. Vale, non son exemplos ao uso… esta empresa (coa que non teño nada de nada que ver) é coñecida por diferentes espazos por compartir riscos cos clientes… é dicer, unha empresa que se molla… e que como un dos socios dí, ás veces teñen tempo para pararse a conceptualizar, a testar, a xogar con metodoloxías e demáis. Por outra banda, Second Life é un obxecto de estudio moi moi peculiar, co que a pereza fai que non me meta.

En todo caso, xa temos unha primeira experiencia no sector. Curioseando preguntei aos coñecidos que teño máis a man nas empresas do sector das telecomunicacións (as operadoras, algún que outro fabricante e xente que desenvolve aplicacións) e o certo é que ninguén coñecía a realización de estudos deste tipo nas (ou para as) súas compañías. Lamentablemente soe pasar: dende a oferta non hai moita curiosidade por innovar en metodoloxías…

Pero isto non quere dicer que non se faga. Días atrás, Dani lembrábame (cañas mediante) cómo as compañías que se instauraron no S.XX en África e América Latina empregaron moitas veces a antropólogos para neutralizar e adaptar a súa chegada a ecosistemas sociais un tanto alleos á súa figura. É dicer, nalgunhas empresas ás técnicas de corte cualitativo foron empregadas dende sempre. Lembro estudos da defunta iSociety para BT basadas en observacións participantes nos fogares dos internautas… tamén estudos o DWRC de Surrey para Vodafone basados en grupos de discusión e en observacións participantes, técnicas que, lamentablemente empregan máis os antropólogos que os sociógolos. Investigacións que, no seu momento e no seu lugar innovaron.

No cuanti xa pasou… e xente como Netquest fano moi moi bem, con unha excelente fundamentación teórica e con un coñecemento do medio moi bó. E agora semella que dende a oferta (os institutos) comezase a pensar na investigación de / desde / en Internet. Chámemoslle X a este tipo de investigación, porque os señores que traballan pensando nestas cousas (XXXX privilegiados) se porán tiquismiquis e dirán que “etnografía virtual” non lles gusta, que prefiren “do dixital” (¿nótase a miña insana envexa?). Que TCAnalysis faga este tipo de investigación está moi bem… pero só indica que no sector hai xente inqueda. O que realmente supón un “cambio” é que os peces gordos (si, esos institutos que pesan moito) comecen a preocuparse na construcción dun perfil de Técnico en Investigación de Mercado con estas metodoloxías e con este peculiar obxecto de estudo.

Cales poden ser as skills destes investigadores? Mantemos ás de sempre ou incluímos novas? Terán éxito estas incursións no dixital ou, como pensa Adolfo, non tirarán?

E mentres tanto… eu continúo o meu periplo como experto en test de producto especializado en bebidas de todo tipo… que igual ata ten final feliz.

Mudanzas e andanzas

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 3:08 pm

A miña caseira bótanos. Non é que nos portasemos mal, nin moito menos, tan só que precisa o piso que nos ten alugado e pídenos amabelmente que nos mudemos canto antes. O certo é que antes de pornos a facer unha mudanza en Inverno, que é cando remata o noso contrato… prefiro tirar da primaveira. Endelí… a buscar como tolos un novo fogar con criterios pouco esixentes (mínimo de 50m2, calefacción e aire acondicionado, cociña independente-porelamordedios, cando menos unha habitación)… e a poder ser, non fora do barrio, e se pode ser pretiño da Praza de Olavide que non quero que Punset e a Directora Xeral deixen de ser os meus veciños favoritos.

Non son o único, o bó de Maxim está tamén de mudanza, aínda que por motivos máis agradábeis. Dame moita mágoa deixar o noso pisiño tan feitiño… agora que comezamos a ser amigos dos veciños, agora que fuencarral é semipeatonal e habitábel, agora que achega a primaveira :( . Estarei obrigado a empregar máis da metade do meu sóldo nisto… se sabes dalgún lugar cos citados requisitos… dimo!

February 16, 2007

Predicións de todo o mundo

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 6:40 am

In-Stat gústame… Das consultoras en TIC que hai que seguir, é das que máis fiabilidade me da… supoño que todo vai porque nalgunha ocasión coñecín a alguén dentro e me impresionou… A cuestión é que veño de ler un dos seus “free papers”, que paga a pena seguir. En “Predictions 2007” fan un pouco de futuroloxía… quédome, aparte do obvio con:


“The Venice Project’s P2P video project will be the big viral media sensation of 2007, creating a new model for cost-effective distribution of video and a new platform and business model for content producers—both big and small—to monetize their creations. Why do we think so? P2P enables the lowest cost, most scaleable distribution platform imaginable. The founders, Riis and Zennstrom, have an amazing track record with building disruptive P2P platforms (Kazaa, Skype). They also understand that they have to integrate a business model that is acceptable to content creators into the platform and they have developed a targeting advertising model may
enable them to provide this. Finally, the infrastructure and market are ripe for a new video
distribution model, as demonstrated by the success of YouTube.”

February 15, 2007

3GSM

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:21 am

Hai mundos e mundos. 3GSM é un dos mellores exponentes do que unha feira pode chegar a ser. Un gol mediático conseguir que este evento se celebre en BCN, un lugar onde realmente se amosa o futuro, onde vai xente que paga a pena e onde se poden detectar máis que tendenzas. Simplemente botar un ollo ás Google News da para moito… ao igual que Technorati.

Eu quédome coa máis que evidente transformación do móvil nun dispositivo multifunción, cada vez o que xa pasa en Korea e Xapón (¡¡Ubicuidade!!) está máis cerca dunha parte dos occidentais. Xoias coma esta de Samsung din moito dun presente no que o móvil deixa, cada vez máis, de ser un “lugar” no que a voz sexa a protagonista… para dar paso a un gatchet onde o “dato” ten moita máis importancia. Pese ás miñas reticencias iniciais, ei de recoñecer que cada vez máis o terminal único ten papeletas, Apple mediante.

[Unha curiosidade: tropezo co videolog da Fundación France Telecom, onde unha boa panda de Frikis falan de temas de interese ;) ]

February 13, 2007

O conservadurismo de R

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:16 pm

R por fín confirma que se converterá nun Operador Integral de Telecomunicacións. Co toque de efecto de Arturo, mentres os ollos de todos os telecos están postos no 3GSM en BCN (literalmente, outro mundo), lánzase esta nova… e como dí o correo, esta coincidencia non é tal.

Dicía que R é conservadora. Mentres Euskaltel leva varios anos xa como o primeiro OMV do estado, mentres que ate Carrefour se convirte en operador de telefonía móvil… Mentres Yoigo, mentres o OMV de The Phone House, O corte Inglés… non tiñamos moitas novas do que R estaba a facer. Cecais estaban coa calculadora a estudar se é un servizo rendabel, se poden coller cuota de mercado aos operadores tradicionais… e só quizáis o éxito de Yoigo animase a telecos como R a lanzarse a por todas no sector da Telefonía Móvil.

O que pagaría por ter un R que apostase… que innovase… que se convertirse nunha compañía que liderase o sector en GZ, que se arriscase a perder cartos, cuota de mercado, subvencións,… que tivese un pouco menos de “ética da gomina” e un pouco máis de “ética hacker”.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here