a limitación do “posíbel”
Logo de rematar a última obra dun dous meus colegas favoritos, retomo a un dos referentes da análise cualitativa da realidade social. Seica fai uns anos lín algunhas (poucas) cousas súas, pero só tropecei coa súa obra máis famosa fai unhas semás na casa do libro. O caso é que admiro a capacidade de innovación… a capacidade de crear novas metodoloxías, de experimentar sen medo na investigación de calqueira tipo. No caso de Goffman comeza na aplicación de técnicas teatrais (así comeza denominándoas él mesmo), pero non se limita a iso, extende esta técnica ate construír un corpus metodolóxico própio.
Lendo a Bourdieu, na súa autoanálise, un decátase de como o propio campo e as súas propias dificultades (guerra de arxelia, por exemplo) obrigan ao investigador a redefinir, con unha elevada dose de creatividade, a propia metodoloxia de xeito permanente.
A cuestión é que este apaixoante tema, entrados no século XXI e con obxectos de análise complexos (chámeselle Crossumer ou como boamente un poida) require dunha elevada dose de creatividade para poder comprender, analizar e explicar cales son os cambios sociais, cal é a lóxica do consumidor, do cidadán ou do “símple” ser social. Mais na miña breve experiencia como investigador de mercados un decátase de que o únicamente “útil” (porque así o demanda o mercado e porque así o venden os propios institutos) é a estadística clásica e o “grupo de discusión”, unha marabillosa técnica de extracción e construcción de discurso… pero limitada, como todas as demáis. Nembargantes, non queda espazo para a innovación, para a experimentación, para testar novas metodoloxías, novas formas de analizar a realidade social… para a disidencia e creatividade.
Intúo que no fondo está unha cuestión pragmática: un instituto que arrisca, pode perder a un cliente e moitas veces os clientes teñen problemas e quere que lle des numeriños. Fai unha semás falábamos xa da escasa viabilidade (Adolfo cré que hai poucas empresas que paguen por isto) da etnografía virtual, por non falar xa da etnografía tradicional.
¿Porqué limitamos as nosas propias ferramentas de análise? ¿Cómo chega unha ciencia social a acadar un status no cal a innovación en sí mesma está prohibida, por non dicer penalizada? ¿Cal foi o intre no cal a investigación-rendábel (esa pola que as empresas pagan cartos) deixou de ter xerme crítico, de ser cuestionadora (?) ate das súas propias ferramentas de análise? Demasiadas preguntas para un luns calquera, con un feixe de Test de Producto, de problemas “reais” que teño que afrontar coas vellas ferramentas de sempre… i é que igual un cansa de coller o sacho sempre polo mesmo mango…


