Contos de estrelas e limons

February 7, 2007

escritura lineal

Filed under: laboral - estrelaselimons @ 3:00 pm

Hoxe o meu xefe quitoume un dos meus privilexios. Por razóns que aínda non entendo bem, son un dos poucos na miña empresa con Ordenador (si, o PC de toda a vida). O caso é que o PC chegou á miña vida en primeiro de carreira, fai 10 anos. Dende entón escrebo só con PC, teño unha velocidade cando menos axeitada… e sobre todo, teño unha concepción non lineal do texto. Eu adoito escreber… e mover párrafos, reformular ideas cando, unha vez rematado o texto, non me gusta a visión global. Acostumo a ampliar, reducir, correxir… e dirás ti ¿onde está o raro? ¿non é isto o que facemos todos?

Pois como dicía, hoxe o meu xefe quitoume un dos meus poucos privilexios. Hai unha parte do meu traballo que teñoa que facer empregando boligrafo, papel e tesoiras. Non, non traballo facendo traballos manuais, nin moito menos… pero é o que hai: escreber para adiante.

Párate a pensar: escreber 15 folios de xeito lineal ¿eres capaz? Os meus compañeiros adquiriron una capacidade admirábel: son capaces de escribir un bó documento de 150 páxinas do tirón. Sen vista “atrás”, sen modificar máis que as faltas de ortografía. Eu, sinceiramente, son incapaz, cando menos sen que isto teña unha repercusión notábel na calidade final do documento… pero claro… un supón que ten certas limitacións :P

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2007/02/07/escritura-lineal/trackback/

  1. qué analóxica é certa xente, non? En fin, Fernando… espero que non te estreses coa vota ó boli… a este paso en breve che veremos escribindo sobre pizarra!! :P

    Comment by andrés — February 13, 2007 @ 12:09 am

  2. jejeje
    ou en tablinhas de barro…
    e non te plantexas levar un pc da casa?

    Comment by goretoxo — February 13, 2007 @ 9:27 am

  3. jajaja, pois si… pensei en traer un PC da casa… pero en teoría quen ten que poñer os medios de producción son os xefes ¿non?

    Comment by Administrator — February 13, 2007 @ 10:38 am

  4. ui… pois non sei moi ben cómo vai sendo… cada vez máis os medios de produción ponos o empregado! Consiste niso a revolución TIC? En cargar os custes empresariais fixos ós empregados? :D

    Sempre me chamou á atención o do teletraballo (aínda que non é o caso, sirva de exemplo)… ó final, consiste éste en reduci-los custos fixos das empresas (vale, sísí… pode ter vantaxas para o traballador). Pero… a lus págala ti, o portátil polo ti, a conexión a internet pola ti, o “material de oficina” polo ti, etc, etc. .. incluso chegando ó límite… imaxinas unha empresa sen oficinas? Onde os seus traballadores se coordinan por skype, chat, etc, etc? É o límite! A empresa ata se aforra o inmovilizado, as oficinas!

    En fin, vou empezar a construi-la minha oficina xa… senón .. cómo traballarei?

    PD: Será por iso polo que está a vivenda tan cara? Porque xa -casi- vale para todo?

    Comment by andrés — February 15, 2007 @ 12:41 pm

  5. Eu teletraballei moito tempo en duas versións.

    Dunha banda estiven sobre un ano choiando exclusivamente a distancia… dende a cociña de casa, dende a miña habitación, o despacho… en fin. Si, a luz púñaa eu, tm o PC, o ADSL… semellaba máis un contrato de Freelance que unha relación contractual normal.

    Logo, nun dos meus contratos normais, cando quería podía coller días de teletraballo e… viñan moi bem. Ás mais das veces non levaba o PC do traballo, senón q empregaba o meu… pero sí me daban unha 3g para conectarme á rede e poder traballar a gusto… En fin… o teletraballo é unha delicia, cando menos a miña experiencia así mo di e… ¡¡botoo de menos!!

    Comment by Administrator — February 15, 2007 @ 12:52 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here