Dedicacións laborais
Hoxe, by Tiscar e port666, lembro un dos moitos motivos de refexión que o libro de Sennett deixou na miña conciencia. Sennett analiza o traballo na sociedade postcapitalista, onde o emprego esixe unha adicación pouco menos que escrava. Neste contexto, quenes non temos (excesivos) lazos familiares, quenes non temos responsabilidades ao chegar a casa (máis aló de decir: conxelador, telepizza ou telechino) competimos contra quenes sí as teñen en desigualdade de condicións.
O certo é que eu miroo dende outra perspectiva… considero que son un privilexiado por poder adicame profesionalmente ao que de outro xeito sería unha aficción, e asumo con estoicismo o prezo a pagar. Pero se miro ao meu redor (e non sinalo a ninguén eh!) miro máis proxectos en marcha dos que xamáis poderíamos asumir, miro pilas de libros moito máis longas do que poderíamos ler, e miro unha “calidade de vida” notabelmente diferente da que outros (os mais) entenden.
Acadar o equilibrio e non perdelo é, posibelmente, o exercicio de moda.


