Contos de estrelas e limons

February 28, 2007

däs Tecno-Agobios

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 8:32 am

Fai uns días preguntáronme sobre o agobio tecnolóxico… e esta foi (máis ou menos) a miña resposta.

Eu tamén percibo nas investigacións que a xente está un pouco saturada da innovación tecnolóxica. Non coñezo o estudo de Weber… pero non me estraña para nada que o 75% dos europeos consideren que a velocidade de cambio e innovación tecnolóxica é superior ao que poden asimilar, tamén sabemos que é moi pouca a xente que utiliza ao 100% os dispositivos tecnolóxicos, pero non creo (polo menos eu non teño datos nin indicios) que se poida dicir que haxa unha relación de causa efecto. É máis, o que nos din os datos é que cada vez gastamos máis (Red.es) e cada vez usamos máis (CMT) os dispositivos tecnolóxicos…

O sector está moi acelerado, iso é unha realidade obxectiva e calquera estatística pódeo confirmar (número de dispositivos fabricados, número de patentes sobre temas vinculados ás TIC). Así, lánzanse ao mercado un número crecente de novos dispositivos ou variacións de dispositivos existentes que “fan máis cousas e fanas moito mellor”, ou aplicacións que se atopan na mesma situación (Windows Vista), o mercado, en definitiva, ao seu: Innovar e lanzar. Pero á hora da verdade, non todas estas tecnoloxías atopan o respaldo dos consumidores. Sen ningunha dúbida un dos principais inhibidores ao desarollo de dispositivos como a banda ancha ou o teléfono móbil foi o descoñecemento, os sectores máis “conservadores” da sociedade, nun escenario no que non se sabía todo o que eles creían precisar para comprar un acceso á rede ou un teléfono móbil , tardaron en adoptar determinadas tecnoloxías. Agora, este colectivo social atópase nunha situación na que o descoñecemento hase sustituído pola “saturación” (gústame máis esta metáfora que a “angustia”) e pola falta de percepción de beneficio para adoptar novos dispositivos, novas tecnoloxías.

Doutra banda, o centro da converxencia é ese: o sector traballa, propón e o usuario acepta ou rexeita liñas de converxencia (vale, moi simplificado, pero este é un dos vectores de converxencia).

Fai uns anos, a comezos do século, nalgúns estudos de fose (ingleses e americanos) comezábanse a identificar, no contexto da “Banda Larga”, o que denominaban “outsiders”: usuarios que utilizaban as TIC, en xeral, e Internet en concreto e que por motivos X decidían deixar de empregar as TIC e abandonaban a súa conexión a Internet. O principal motivo para deixar de lado todo o vencellado á tecnoloxía por este colectivo era a falta de percepción de beneficio no uso das TIC así como certo grado de saturación (os autores empregaban un término que se pode traducir como “empacho”) na cantidade de tecnoloxía coa que lles bombardeaba o mercado. Sorprendentemente (ou non tanto) esta porcentaxe, creo recordar, era dun 7%, moi similar ao 8% do estudo de Weber.

En definitiva, se creo que a oferta está chegando a saturar ao mercado e, posiblemente, isto suceda nalgúns sectores: o que pasou coas Videoconsolas fai cousa dun ano: a chegada dunha “nova xeración” de videoconsolas era percibida polos usuarios cos anuncios de Sony, Nintendo, etc… isto inhibiu a demanda da segunda xeración (PS2 et al). Unha vez lanzáronse ao mercado algunhas das novas consolas, non todos os consumidores foron a por elas, porque saben que hai un tempo de adaptación, de fabricación e disponibilidade de xogos, de hackeo do equipo para que acepte xogos piratas, etc. Estas eran as razóns argumentadas polos consumidores máis novos nun estudo que realizamos fai uns meses sobre videoxogos. É dicir, o mercado madura e non se lanza de cabeza a por a tecnoloxía, (salvo que sexa Apple quen a fabrica, claro), se a isto se lle engade un certo cansazo pola saturación de lanzamentos de dispositivos e aplicacións tecnolóxicas pois teremos algunhas consecuencias no consumo. Valentín Bote (Enter -IE, Ex compañeiro meu) traballou algo estes temas, creo que se chaman “prezos hedónicos”.

Para explicar isto, a diferente penetración da tecnoloxía na sociedade, un investigador deseñou unha curva que en investigación de mercado empregamos moito… a curva do ciclo de adopción tecnolóxica. A cuestión é que a maior parte de innovacións e lanzamentos tecnolóxicos quédanse (cada vez máis) nos grupos de desarrolladores (os propios fabricantes) e os Early Adopters (aqueles que adoptan e utilizan a tecnoloxía porque si, porque lles gusta estár á última de todo, Enrique Dans podería ser un bo exemplo)… pero ante a saturación dos consumidores cada vez menos tecnoloxías pasarán o que este investigador (Moore) chamaba “Abismo”.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2007/02/28/das-tecno-agobios/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here