Contos de estrelas e limons

March 30, 2007

Ikerfel - etapas que se cierran

Filed under: laboral - estrelaselimons @ 11:38 pm

Hoy fué mi último día en Ikerfel, un instituto de investigación de mercado e marketing estratégico en el que he trabajado los últimos meses como técnico de investigación, aunque en mis tarjetas pone algo así como “responsable de investigación”. Quede constancia de que soy yo el que se va, algo que sin duda condiciona mucho mi percepción de las cosas… y me voy porque he encontrado algún lugar donde creo que podré divertirme más, trabajar más a gusto y, sobre todo, aprender… pero también me voy por la necesidad de recuperar espacios de mi vida privada a los que en estos últimos nueve meses he tenido que renunciar. Pienso en espacios… pienso en tiempo, en fines de semana, en tardes y noches (y, lamentablemente, madrugadas!), pienso en las apenas 48 horas en casa (Galicia) desde el puente de noviembre… pero también viene a mi mente el “coste de oportunidad” de ese tiempo “extra” empleado en mi trabajo: artículos sin escribir, convocatorias a las que no he podido asistir, etc.

Dejo atrás un grupo de personas con las que he compartido demasiadas fatigas, que me han enseñado y de las que he aprendido mucho más de lo que nos imaginamos. Gente con una capacidad de trabajo y de sacrificio increíble. Todos ellos y todas ellas son muy analógicas, pero si llegais a leer esto: “Gracias! Lo habéis hecho muy llevadero!”.

Salía hoy, mi último día, cuarenta minutos más tarde de mi hora… con una botella de Marqués de Cáceres del 98 (vino de las grandes celebraciones), que había llevado para despedirme de mis compañeros/as, en la mochila: simplemente no había ánimos, energías, ganas… ni tiempo para descorchar, oxigenar y brindar. Mi deseo, ahora que venimos de despedirnos para siempre, es que estas buenas gentes de bien tengan un futuro no muy lejano.

Me hubiera gustado poner por escrito muchas cosas: la explotación laboral en la sociedad de la información y del conocimiento, modelos de liderazgo de Weber, cultura de empresa, clima y ambiente laboral, relaciones de poder, gestión de los recursos humanos, motivación, formación y largo etcétera. Pero la prudencia y el hastío hacen que desista de ello.

Así, se cierra una puerta, una etapa de la que interemos quedarnos sólo con los buenos recuerdos… y el futuro invita a ello…

Adiós Ikerfel, Adiós Ikerful

PS.- O único post deste blog escrito en castelán. Permítaseme a licenza… non o tomarei como costume.

lento… pero ven!

Filed under: laboral - estrelaselimons @ 6:10 am

Hoxe é o meu último día no meu traballo dos últimos meses. Metín todos os meus estudos en duas caixas e mandeinos a quén os tiña que mandar. Recollín os meus libros, bolígrafos, o meu lapiseiro da festa da istoria de ribadavia… libro os caixóns e tento deixar as miñas cousas en orde. De non ser polo que é, ate me daría moita pena. Pero por ser o que é, a mágoa é só un sentimento máis a engadir na lista. Aínda me queda limpar o portatil, deixalo sen rastros, sen os meus programas, fotos e demáis…

Mentres tanto, a lista de cousas a facer medra. Ler, escreber, pensar, facer, ollar… por diante algo máis dunha semá, na que Moby fará moitos Kms, na que agardamos olhar, logo de demasiado tempo, a ría de Vigo… logo a de Bueu, logo a de… i é que o Futuro


Lento viene el futuro
lento
pero viene

ahora está más allá
de las nubes ramplonas
y de unas cimas ágiles
que aún no se distinguen
y mas allá del trueno
y de la araña

demorándose viene
como una flor porfiada
que vigilara al sol

a lo mejor es eso
la vida cotidiana
prepara bienvenidas
cierra caldos de usura
abre memorias vírgenes

pero él
no tiene prisa
lento
viene
por fin como su respuesta
su pan para la hambruna
sus magullados ángeles
sus fieles golondrinas

lento
pero no lánguido

ni ufano
ni aguafiestas
sencillamente
viene
con su afilada hoja
y su balanza
preguntando ante todo
por los sueños
y luego por las patrias
los recuerdos yacentes
y los recién nacidos

lento
viene el futuro
con sus lunes y sus marzos
con sus puños y ojeras y propuestas
lento y no obstante raudo
como estrella pobre
sin nombre todavía
convaleciente y lento
remordido
soberbio
modestísimo
ese experto futuro que nos inventamos
nosotros
y el azar
cada vez más nosotros
y menos el azar.

March 28, 2007

a normalización

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 6:11 am

Sempre pensei que no meu pobo o número do que agora chamamos frikis era moi elevado. Estaba Seso da Cacharola, unha moi boa persoa toleaba cando lle dicías que tiña o pito coma un cacahuete… bladimir, un pseudo vampiro que chegou a salir na TVG e na TVE (a qué máis pode aspirar un friki?). Tamén está Lucas, un home que para facer autostop ponse no medio da estrada… Feliños, Manolo, Molina… todo isto entre non máis de 3000 habitantes.

Hoxe, nin máis nin menos que no País leo sobre John Silver Balan… outro dos Frikis, un home ao que eu só escoitei falar en inglés, co que compartín moitas viaxes en autobús dende a vila á aldea. Sempre me chamou a atención que respostase cun “Zankiu” ao conductor de liña, que cantase tranquilamente no Pozo da Revolta (fermoso nome para un lugar) ou que simplemente tentase falar cos rapaces en inglés… dende logo, o máis cosmopolita que miraramos nós. A esta persoaxe, á que estou certo que Rivas lle adicaría un lugar de honra nunha das súas novelas, dalle unha placa o alcalde da urbe: o sistema apropia sempre o símbolos do povo.

March 27, 2007

esperando a godot

Filed under: laboral - estrelaselimons @ 10:41 am

Agardar. As esperas nunca foron do meu agrado. Non me gusta facer cola no super, no cine, na casa do libro ou na exposición de turno. Nembargantes, grazas a esta profesión tan peculiar que temos, un aprende a pasar o tempo contemplando… contemplando as cestas da compra da xente, contemplando como pasean polos corredores do supermercado, escoitando cómo falan de determinadas películas/actores/directores, dos libros que mercou ou das exposicións que foi a ver. Ten moita razón un dos meus compañeiros de choio: somos cotillas sociais.

Neste caso tócame irme desvinculando dun emprego pouco a pouco. As miñas carpetas cada vez son menos e vounas liquidando xa no medio da apatía, mentres miro como os meus compañeiros e compañeiras cada vez teñen máis choio, en parte porque hai unhas costas menos sobre as que botar choio. Mentres, eu agardo. Párome a tentar interpretar os procesos, as relacións de poder, trato de pensar que faría Mckinsey se entrase nunha empresa coma esta e penso que me gustaría que Salva ou Mario entrasen a cotillear. Fora seica chove… o muro está mollado e agardamos polas festas.

March 22, 2007

Eu quero ser blogastrónomo

Filed under: d'aquí pr'ala - estrelaselimons @ 11:31 am

Eu de maior quero ser blogastrónomo, ir xantar a restaurantes de postín e saber algo de caldos, que pouco máis que sei identificar un mencía, un albariño, ribeiro, rioja e pouco máis. Iso sí, teño moi claro cales están bós e cales non. O caso é que para entrenar para o meu oficio de cando sexa grande e para festexar que coincido cun compañeiro de andanzas en Oviedo, decidimos cear nun dos locais míticos da cidade, o Raitán. Seica cando Woody visita a cidade, para por aquí, sen que isto sexa máis que unha inquedanza… sentaría o xenio na mesma cadeira ca mín?

Eu coñecera este lugar fai un par de anos, nunha visita fugaz a esta cidade para unhas xornadas de protección de dados. O curioso é que pasaba por aquí de camiño á “jhran siudá” para dar os primeiros pasos na análise da converxencia. Agora, dous anos despois, paso de novo por Vetusta nos meus últimos pasos noutro emprego, curiosa coincidencia que dirían os luthiers. Pero falábamos de comida… O Raitán agardanos case baleiro, tan só dous “conspiradores” falan nunha mesa sobre dimes e diretes, mentres nos imos directos, sen mirar ningún tipo de carta, ao menú degustación da comida asturiana… e pagou a pena, crédeme que pagou a pena: Crema de Nécoras, Pote asturiano(na foto), Fabada e Xabarín, para rematar cos postres Arroz con leite, Frixuelos e Casadielles. Creo que os blogastrónomos deberían considerar cruzar o Eo eo achegarse a probar comida “tradicional” de high level… a ver que atopamos para comer…

March 20, 2007

mudanzas (II)

Filed under: laboral - estrelaselimons @ 10:38 am

Hai pequenos intres de placer… pequenos e poucos. Onte, mediante o uso da aplicación de correos Online, enviei un burofax á miña xefa notificando a miña intención de deixar a empresa, algo que coido que ninguén agardaba… algo polo que levaba agardando demasiado tempo.

Paladear este imprevisto e ver como medra o nerviosismo no meu entorno é unha pequena victoria… en 14 días unha avaliación máis minuciosa.

O futuro é fresco, sabroso e apetecíbel… :D

March 11, 2007

espertar

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:51 am

esperto sen saber moi bem como nunha cidade chea de bandeiras coidadosamente seleccionadas. Prendo a tv, algo que non fago demasiado, e sintonizo tmadrid, algo que non fago nunca, e tópome cun universo paralelo… un lugar onde a rúa é dos conservadores, onde as mozas con bufandas burberris e gafas D&G falan da ilexitimidade do goberno, lanzando consignas cara a quebra do poder “estabelecido”. Seméllame ver que desta vez “os de azul” abren o camiño á manifestación, que unha banda de música, e non o manuchao de turno, interpreta un himno mentres os asistentes póñense firmes e tararean. Podes chamarlle realidade paralela, hiperrealidade, simulacro ou desempolvar os conceptos de Mannheim: a realidade subxectiva sempre supera á tanxíbel. O que non sei é cómo chegamos a este lugar, nin como resetear a matrix para voltar atrás.

March 9, 2007

Símbolos

Filed under: vida cotiá - estrelaselimons @ 9:40 pm

Da importancia dos símbolos saben moito os antropólogos… pero todos recoñecemos a importancia de que un dos símbolos da rede galega mude moito máis que de aspecto. Parabems a Vieiros, a toda a xente que está detrás e aos que estiveron!

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here