espertar
esperto sen saber moi bem como nunha cidade chea de bandeiras coidadosamente seleccionadas. Prendo a tv, algo que non fago demasiado, e sintonizo tmadrid, algo que non fago nunca, e tópome cun universo paralelo… un lugar onde a rúa é dos conservadores, onde as mozas con bufandas burberris e gafas D&G falan da ilexitimidade do goberno, lanzando consignas cara a quebra do poder “estabelecido”. Seméllame ver que desta vez “os de azul” abren o camiño á manifestación, que unha banda de música, e non o manuchao de turno, interpreta un himno mentres os asistentes póñense firmes e tararean. Podes chamarlle realidade paralela, hiperrealidade, simulacro ou desempolvar os conceptos de Mannheim: a realidade subxectiva sempre supera á tanxíbel. O que non sei é cómo chegamos a este lugar, nin como resetear a matrix para voltar atrás.



É curioso ver como as manifestacións cambiaron. Chegará un día en que a xente terá que ir arreglada para estes eventos. Pode incluso que coa desaparición da roupa dos domingos, naza a roupa das manifas
Comment by makeijan — March 15, 2007 @ 12:26 pm
Moi boa reflexión. Non é sinxelo interpretar o que está pasando nesta política moderna. A dereita a rúa. Aínda que despois da manifestación dos curas podemos esperar calquera cousa. Creo que o mellor sería non seguirlle o xogo: pretende ruido e estáselle dando.
Comment by Eva — March 17, 2007 @ 11:30 am