Contos de estrelas e limons

March 22, 2007

Eu quero ser blogastrónomo

Filed under: d'aquí pr'ala - estrelaselimons @ 11:31 am

Eu de maior quero ser blogastrónomo, ir xantar a restaurantes de postín e saber algo de caldos, que pouco máis que sei identificar un mencía, un albariño, ribeiro, rioja e pouco máis. Iso sí, teño moi claro cales están bós e cales non. O caso é que para entrenar para o meu oficio de cando sexa grande e para festexar que coincido cun compañeiro de andanzas en Oviedo, decidimos cear nun dos locais míticos da cidade, o Raitán. Seica cando Woody visita a cidade, para por aquí, sen que isto sexa máis que unha inquedanza… sentaría o xenio na mesma cadeira ca mín?

Eu coñecera este lugar fai un par de anos, nunha visita fugaz a esta cidade para unhas xornadas de protección de dados. O curioso é que pasaba por aquí de camiño á “jhran siudá” para dar os primeiros pasos na análise da converxencia. Agora, dous anos despois, paso de novo por Vetusta nos meus últimos pasos noutro emprego, curiosa coincidencia que dirían os luthiers. Pero falábamos de comida… O Raitán agardanos case baleiro, tan só dous “conspiradores” falan nunha mesa sobre dimes e diretes, mentres nos imos directos, sen mirar ningún tipo de carta, ao menú degustación da comida asturiana… e pagou a pena, crédeme que pagou a pena: Crema de Nécoras, Pote asturiano(na foto), Fabada e Xabarín, para rematar cos postres Arroz con leite, Frixuelos e Casadielles. Creo que os blogastrónomos deberían considerar cruzar o Eo eo achegarse a probar comida “tradicional” de high level… a ver que atopamos para comer…

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2007/03/22/eu-quero-ser-blogastronomo/trackback/

  1. Por alusións ;-) .

    Tomo nota… teño un casamento en xuño, e un día libre, así que elexirei con moito tino o restaurante que teña que pagar.

    Un auténtico repaso pola gastronomía asturiana. Só boto en falta xantar con sidra, pero nun local un pouco “fino”, é imposible. Os postres son sota, cabalo e rei. Indispensables. Tan cercanos e lonxanos ó tempo. O máis similar son os Frixuelos, as nosas queridas filloas.

    Fáltache un detalle… o prezo.

    Comment by makeijan — March 22, 2007 @ 7:09 pm

  2. Unha pintaza. Queda fichado para a próxima a Asturies (que nunca falla en primavera)

    Comment by magago — March 22, 2007 @ 8:13 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here