Contos de estrelas e limons

March 27, 2007

esperando a godot

Filed under: laboral - estrelaselimons @ 10:41 am

Agardar. As esperas nunca foron do meu agrado. Non me gusta facer cola no super, no cine, na casa do libro ou na exposición de turno. Nembargantes, grazas a esta profesión tan peculiar que temos, un aprende a pasar o tempo contemplando… contemplando as cestas da compra da xente, contemplando como pasean polos corredores do supermercado, escoitando cómo falan de determinadas películas/actores/directores, dos libros que mercou ou das exposicións que foi a ver. Ten moita razón un dos meus compañeiros de choio: somos cotillas sociais.

Neste caso tócame irme desvinculando dun emprego pouco a pouco. As miñas carpetas cada vez son menos e vounas liquidando xa no medio da apatía, mentres miro como os meus compañeiros e compañeiras cada vez teñen máis choio, en parte porque hai unhas costas menos sobre as que botar choio. Mentres, eu agardo. Párome a tentar interpretar os procesos, as relacións de poder, trato de pensar que faría Mckinsey se entrase nunha empresa coma esta e penso que me gustaría que Salva ou Mario entrasen a cotillear. Fora seica chove… o muro está mollado e agardamos polas festas.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2007/03/27/118/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here