a normalización
Sempre pensei que no meu pobo o número do que agora chamamos frikis era moi elevado. Estaba Seso da Cacharola, unha moi boa persoa toleaba cando lle dicías que tiña o pito coma un cacahuete… bladimir, un pseudo vampiro que chegou a salir na TVG e na TVE (a qué máis pode aspirar un friki?). Tamén está Lucas, un home que para facer autostop ponse no medio da estrada… Feliños, Manolo, Molina… todo isto entre non máis de 3000 habitantes.
Hoxe, nin máis nin menos que no País leo sobre John Silver Balan… outro dos Frikis, un home ao que eu só escoitei falar en inglés, co que compartín moitas viaxes en autobús dende a vila á aldea. Sempre me chamou a atención que respostase cun “Zankiu” ao conductor de liña, que cantase tranquilamente no Pozo da Revolta (fermoso nome para un lugar) ou que simplemente tentase falar cos rapaces en inglés… dende logo, o máis cosmopolita que miraramos nós. A esta persoaxe, á que estou certo que Rivas lle adicaría un lugar de honra nunha das súas novelas, dalle unha placa o alcalde da urbe: o sistema apropia sempre o símbolos do povo.


