Contos de estrelas e limons

April 28, 2007

lugares e estilos de trabalho

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:17 am

Estes días circula pola oficina un vídeo que desperta a nosa envexa e afán de superación. Moito falamos do xeito de afrontar o traballo, no meu anterior traballo (en Ikerfel) o meu xefe cronometraba (non é coña) o tempo que falábamos e segundo o seu critério pegábanos o toque por falar, si como na escola. Moitos interiorizan que o traballo é un lugar para sufrir, onde de vez en cando hai que tirar dos recursos dramáticos adquiridos e amosar frustración, cansanzo, hastío, apatía e un longo etc. En xornalimo é o “ambiente de cierre”, en consultoría e marketing son as datas de entrega e supoño que cada profesión terá o seus puntos críticos, onde hai que demostrar ser profesionais.

Nembargantes hai outro tipo de afrontar a actividade laboral… seguen a ser as 8 horas (+extras), segue as ser unha relación na que podemos aplicar as teorías de sempre, peeeeero, como dí Grancomo, cando menos o podemos pasar ben, rodeado de persoas con “flow”.

Dicíamos dun vídeo que anda pola rede (algúns o enlazan, non vou ser eu menos)… paga a pena olhar como unha das empresas clave do momento paran de vez en cando para facer cousas como…


Lip Dub - Flagpole Sitta by Harvey Danger on Vimeo

April 27, 2007

acuarious

Filed under: Outros, Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 6:45 pm

Seguindo a estratexia que tan bó resultado lle dou, Acuarious lanza unha campaña que aos Investigadores de mercado, cando menos, nos pon os pelos de punta e a pel de galiña… pero que no fondo, cando menos a min, me “llena de orgullo y satisfacción”, porque no fondo descrebe unha realidade, porque no fondo non soportaría que isto non fose así.

Fai non moito, traballamos no concepto de Crossumer, un tipo de consumidor que é consciente de que está sendo analizado constantemente e que actúa en consecuencia. Lamentablemente, para abordar a este tipo de consumidor (vale, non é nin tan sequera un 20% da poboación, podedes estar seguros) seguemos a empregar as vellas técnicas estatísticas e a vella escola cualitativa… cando o que precisamos é innovación. De certo que o imprevisible non se pode predicer? De veras que non se pode anticipar o boom dunha tecnoloxía como o SMS ou o fracaso de Minitel? Ou máis bem a velocidade á que estamos obrigados impídenos aprender da experiencia e modificar as nosas técnicas de recollida de información?

April 18, 2007

Estudo publicidad e blogs

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:30 pm

Un estudio curioso, con moitas reminiscencia a uns datos que estánse a explotar con moita paciencia (si T, estou nelo…). Non sei eu… a mín o tema de considerar ao MSN como plataforma de blogs dame un pouco a risa, tamén a distribución das demáis me parece curiosa… en fin… unha lectura máis.

April 17, 2007

twitter

Filed under: Outros, Análise - estrelaselimons @ 8:06 pm

Moito fala todo o mundo de twitter… veño escoitando de todo, dende os problemas que dín que supón para a escalabilidade de Ruby (desmentidos), ás aplicacións que pode ter para a investigación de mercado ou na formación. Eu, sinceiramente, só miro que somos os mesmos de sempre flipando cun novo cacharriño. Vale, tal vez porque de sopetón coñezo a unha morea de frikis que están en todos lados, sempre os mesmos en Twitter, en Flickr, en Last.fm, no Messenger, en Skype, no blogroll, en Orkut e supoño que moitos tamén en Xing ou eConozco e demáis aplicacións…

Nembargantes, quero pensar que Pablo ten razón, que twitter fala do futuro!

April 11, 2007

The Cocktail: Here we go!

Filed under: laboral - estrelaselimons @ 7:44 am

Logo de pechar etapas… toca comenzar novas aventuras. Dende fai moito tempo levo escoitando falar desta xente, e nada malo! Polo que cando uns e outros me comentaron posibilidades de traballo, pouco me faltou para suplicar…

Endelí, convírtome nun máis de The Cocktail, na súa sección de Analysis, onde estaremos facendo cousas bonitas e divertidas… xogando cos límites do posíbel e, sobre todo, aprendendo sen parar. Os primeiros días coido que serán dias de desaprendizaxes, de desintoxicación de vícios e procesos e doutro xeito de percibir e practicar a investigación e a organización laboral (pero tamén da propia existencia).

So: Hey Boys; Hey Girls, Superstar Djs…. here we go!

April 10, 2007

Consiga un emprego comentando nun blog

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 9:07 pm

Elevamos o nivel de Frikismo! Logo de coñecer á miña muller a través de foros e do IRC, logo de coñecer a moitas persoas que considero amigos e amigas a través da rede, logo de conseguir o meu primeiro emprego e de levalo a cabo na rede, logo de conseguir o segundo grazas á miña análise da rede, o terceiro vía Infojobs… ¿Cómo elevar o nível de frikismo (integración da tecnoloxía na vida cotiá)?

Pois a tarefa non foi sinxela, pero tampouco premeditada. Para os que se pregunta para que carallo serve un blog: non lhe sei moi bem que dicer… Para os que se preguntan para qué demos sirve ler e comentar nos blogs de seres humáns do mundo mundial… pois a mín serveume (ou cando menos foi unha das partes máis importantes) para conquerir un emprego.

Sí, xa me ofrecín á ciencia como obxecto de estudo, pero rexeitáronme, seica por un exceso de metareflexividade… estamos apañados.

April 9, 2007

Familias no mundo

Filed under: Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 4:36 pm

Seguro que aos fotógrafos e fotógrafas residentes en BCN lles gustará. Máis dunha vez falamos de cómo empregar a fotografía para unha pseudo-etnografía. Pois da man de CaixaMadrid a exposición “Familias do Mundo” (cunha pouco usábel versión web) é un fermoso achegamento á diferencia. As preguntas máis interesantes, ao meu criterio, a “posesión máis valiosa” e os “desexos pro futuro”, unha forma moi curiosa de medir o que se “ten” e o que se “anceia”.

O certo é que a miña posesión máis valiosa (¿non vale a miña muller?) é o Portatil… máis polo que hai dentro e polo que implica (conexión co ciberespazo) que polo trasto en sí. E… os desexos pro futuro non son tanxíbeis!!!

En fin, un bó xeito para olhar as teses de Inglehart.

[vía BrandJazz]

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here