Moito fala todo o mundo de twitter… veño escoitando de todo, dende os problemas que dín que supón para a escalabilidade de Ruby (desmentidos), ás aplicacións que pode ter para a investigación de mercado ou na formación. Eu, sinceiramente, só miro que somos os mesmos de sempre flipando cun novo cacharriño. Vale, tal vez porque de sopetón coñezo a unha morea de frikis que están en todos lados, sempre os mesmos en Twitter, en Flickr, en Last.fm, no Messenger, en Skype, no blogroll, en Orkut e supoño que moitos tamén en Xing ou eConozco e demáis aplicacións…
Nembargantes, quero pensar que Pablo ten razón, que twitter fala do futuro!



os mesmos en varios sitios… pq nos artellamos sempre en torno á mesma comunidade… deixei un comment no magnífico post de pablo mancini no que aporto una idea ó respecto… creo!
Comment by andrés — April 17, 2007 @ 11:04 pm
Si, certo. A información que nos da twitter e eminentemente contextual (estou facendo isto, vou facer esto outro). Por unha banda é o eloxio da trivialidade (porqué leñes me interesa saber a mín que vai cenar Ber.to) ou o “cool” que é a vida dos demáis.
Por outra banda, remata a construcción de determinadas identidades públicas. Por exemplo, eDans: leo o seu blog, miro o seu flickr e sei que acaba de entrar ás 7.30 no seu despacho a preparar a clase de hoxe… Twitter coido que só “complementa” o tipo de información que dipoñíamos un dos outros… pero ao que ía, aínda non decidín se me interesa ou non saber ese tipo de cousas da miña “rede social” (?)
Comment by estrelaselimons — April 18, 2007 @ 6:41 am
Vale, tm che dou a razón aquí… twitter como eloxio da trivialidade… a min tampouco me parece útil (alomenos polo de agora a min… quizás sí lle sirva a edans) como ferramenta “literal”. Pero, xa sabes, a tecnoloxía non é boa nin mala, aínda que tampouco neutral.
Sí me parece útil como complemento a outras ferramentas públicas (blog, etc)… x ex, agora sei que che poden gustar Anthony & the Johnsons … entón xa sei de quen NON fiarme para gustos musicais!
Tm sei que sabes quen é Shapiro (pq de feito onte comentáchelo no teu twit tm)… polo que os correos que che escriba ou este mesmo comment serían distintos sen esa info.
Redúcese a incertidume de tomar unha decisión.
De todas formas estou dacordo co que ti dis… pq nin eu desexo que se coñeza o que fago en toodo momento, nin desexo saber literalmente o que fan outras persoas que sigo/respeto/apoio.
Comment by Andrés — April 18, 2007 @ 9:04 am
cuando boy a formar un negocio
Comment by juan — May 22, 2007 @ 2:41 am